miniatura|Vista frontal do Ministerio de Agricultura. Este é un artigo sobre os ministros que desempeñaron a carteira de Agricultura nos diferentes gobernos de España dende que aparece durante a Segunda República, en xuño de 1933 baixo a presidencia de Manuel Azaña até o momento actual. Daquela, formaba parte do denominado Ministerio de Agricultura, Industria e Comercio e, dende entón, vai permanecer como un departamento independente aínda que, ao longo do tempo, adoptará diferentes denominacións, sumando e perdendo competencias

Historia miniatura|Manuel Azaña quen, en 1933, creou por vez primeira un Ministerio exclusivo sobre a agricultura. O Ministerio de Agricultura, como Departamento exclusivo desta materia foi creado en 1933, por Manuel Azaña, que esgazou o Ministerio de Agricultura, Industria e Comercio, que era o que agrupaba as competencias neses sectores.

Porén, dende comezos do século XIX, no reinado de Fernando VII, os labores de fomento da agricultura dependían do Ministerio de Facenda e, os do sector gandeiro, quedaba baixo o control do Concejo de la Mesta.Barrero García 1983, p. 413 Cómpre, tamén, destacar o Real Decreto do 9 de novembro de 1832, de Victoriano de Encima, polo que se creaba o Ministerio de Fomento, baixo o nome de Secretaría de Estado e Oficina de Fomento Xeral do Reino e que contaba entre as súas competencias:

A área da agricultura permaneceu no Ministerio de Fomento durante case cen anos e, en 1870, aínda existía unha Dirección Xeral de Obras Públicas e Agricultura. Entre 1900, en que se escinde Ensino, e 1905, o Departamento pasou a se denominar Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas, recuperando posteriormente a súa denominación tradicional.

No 1928, coa publicación do Real Decreto do 3 de novembro, creouse o Ministerio de Economía Nacional, ao que se trasladou a Dirección Xeral de Agricultura, coas cámaras agrarias, consello agronómico e Asociación de Gandeiros e os servizos de Hixiene e Sanidade agropecuaria. Mais, finalmente, o Ministerio de Agricultura, Industria e Comercio foi creado por Decreto do Presidente da Segunda República, Niceto Alcalá Zamora o 16 de decembro de 1931, polo que se incorporan as Direccións Xerais de Agricultura, Industria e Comercio, procedentes do Ministerio de Economía Nacional e as de Minas, Montes e Gandaría, do Ministerio de Fomento.

Dous anos despois, en xuño de 1933, baixo a presidencia de Manuel Azaña, o departamento dividiuse en dous, creándose, por unha banda, o Ministerio de Agricultura propiamente e, por outro, o de Industria e Comercio, co que era a primeira vez que había un Ministerio dedicado exclusivamente á xestión da cuestión agraria. A separación fíxose definitiva, agás no período comprendido entre o 25 de setembro de 1935 e o 19 de febreiro de 1936.

Produciuse un novo cambio en 1981, cando se incorporaron as competencias pesqueiras, dende o Ministerio de Transportes, polo que tamén mudou o nome a Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Esta denominación mantívose durante 27 anos, ata que en 2008, baixo o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, fusiónase con Medio Ambiente, pasando a denominarse Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.

Co inicio da X Lexislatura en novembro de 2011, a agricultura volve encabezar a denominación do ministerio, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e que na XII lexislatura (novembro de 2016, incopora Pesca e pasa a ser: Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. finalmente, trala moción de censura contra Mariano Rajoy en 2018 e a formación do novo Goberno de Pedro Sánchez en xuño de 2018, o Ministerio volveu perder Medio Ambiente, recuperando a denominación tradicional de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Denominacións do ministerio Dende a Segunda República española este Ministerio recibiu as seguintes denominacións en distintos momentos da súa historia:

1931, Ministerio de Agricultura, Industria e Comercio. 1933, Ministerio de Agricultura. 1935, Comisión de Agricultura e Trabajo Agrícola. Ministerio de Agricultura e Trabajo. 1981, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 2008, Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. 2011, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. 2016, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. 2018, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Lista de ministros

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Categoría:Ministerios de España