Louis Couturat, nado en Ris-Orangis o 17 de xaneiro de 1868 e finado en Melun o 3 de agosto de 1914, foi un filósofo, lóxico, lingüista e matemático francés.

Traxectoria Estudou Filosofía e Matemáticas na École Normale Supérieure e máis tarde foi profesor na Universidade de Tolosa e no Colexio de Francia.

Foi en Francia un dos precursores da lóxica simbólica, que comezara a estenderse neste país pouco antes da primeira guerra mundial grazas ás obras de Charles Peirce, Giuseppe Peano e especialmente os Principia Mathematica de Alfred North Whitehead e Bertrand Russell, este último amigo persoal de Couturat. Concibiu a lóxica simbólica como un instrumento para o perfeccionamento das matemáticas e da filosofía, integrando así a corrente chamada loxismo; a este respecto, opúxose a Henri Poincaré, que á súa vez anticipou o intuicionismo de Brouwer. Couturat tamén contribuíu ao desenvolvemento da lingua artificial ido, unha variante do esperanto.

Morreu nun accidente de tráfico.

Véxase tamén

Bibliografía 1896 De Platonicis mythis Thesim Facultati Litterarum Parisiensi proponebat Ludovicus Couturat, Scholae Normalae olim alumnus. Parisiis: Edebat Felix Alcan Bibliopola. MDCCCXCVI. 120 p. 1896. De l'Infini mathématique. Republished 1975, Georg Olms. 1901. La Logique de Leibniz. Republished 1961, Georg Olms. Donald Rutherford's English translation in progress. 1903. Opuscules et Fragments Inédits de Leibniz. Republished 1966, Georg Olms. 1903. Histoire de la langue universelle. Paris: Hachette. With Léopold Leau. Republished 2001, Olms. 1905. Les Principes des Mathematiques: avec un appendice sur la philosophie des mathématiques de Kant. Rupublished 1965, Georg Olms. 1905. L'Algèbre de la logique. Jourdain, P.E.B., trans., 1914. The Algebra of Logic. Open Court. Project Gutenberg. 1907. Les nouvelles langues internationales. Paris: Hachette. With Léopold Leau. Republished 2001, Olms. 1910. Étude sur la dérivation dans la langue internationales. Paris: Delagrave. 100 p. 1910. Louis Couturat, O. Jespersen, R. Lorenz, Wilhelm Ostwald and L.Pfaundler, International Language and Science: Considerations on the Introduction of an International Language into Science", Constable and Company Limited, London. 1915. Dictionnari Français-Ido. Paris: Chaix. Avec Louis de Beaufront. 586 p. 1983. L'oeuvre de Louis Couturat. Presses de l'Ecole Normale Supérieure. Proceedings of a conference. Ivor Grattan-Guinness, 2000. The Search for Mathematical Roots 1870-1940. Princeton Uni. Press. Bibliography contains 27 items by Couturat.

Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Ido Categoría:Lingüistas de Francia Categoría:Matemáticos de Francia Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Profesores da Universidade de Tolosa