miniatura|250x250px| Slogan onde "amar" é sinónimo de aceptar as leis constitucionais, e "deixar" un termo figurado para aqueles que non concordaban coa ditadura militar. O ufanismo (feito de gabarse ou presumir do propio país) é un termo empregado no Brasil en alusión á obra do conde Afonso Celso Porque me Ufano do Meu País.

O adxectivo ufano provén da lingua castelá e significa a vangloria dun grupo auto-eloxiando feitos e logros. Polo tanto, no caso do Brasil, pódese dicir que o ufanismo é a actitude ou posición de certos grupos que enaltecen o potencial brasileiro, as súas belezas e riquezas naturais.

A ditadura militar brasileira iniciou un período de campañas ufanistas para conquistar a simpatía do pobo. Así, os lemas «Ninguém segura este país» e «Brasil, ame-o ou deixe-o», e as músicas cos refráns «Eu te amo, meu Brasil, eu te amo; ninguém segura a juventude do Brasil», «Este é um país que pra frente (...)". O himno do Mundial de 1970 era cantado polo «noventa milhões em ação, pra frente, Brasil do meu coração (…) Salve a seleção». A euforia xerada na poboación pola vitoria na primeira retransmisión ao vivo dun Mundial levounos ás rúas a cantar versos patrióticos, mesturando goberno e fútbol nun entroido fóra de época. (en portugués)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Chauvinismo Ditadura militar no Brasil Estado-nación Jingoísmo Lusotropicalismo Nación Nacionalidade Nacionalismo Paternalismo Patria Patriotismo Propaganda Propaganda da ditadura militar brasileira Racismo Samba-exaltação Xenofobia

Categoría:Nacionalismo Categoría:Ditaduras militares Categoría:Política do Brasil