dereita|miniatura|300x300px|Un peso filipino de 1985 co búfalo de Mindoro (Anoa mindorensis) O búfalo anano de Mindoro (Bubalus mindorensis) é unha especie de bóvido de tamaño pequeno que vive unicamente na illa de Mindoro, en Filipinas. Na illa atópase tamén o seu parente o búfalo indio, do que este se diferencia sobre todo polo seu tamaño moito menor. Tamén é máis peludo, de cornos máis curtos e coa cara de cor máis clara que o resto do corpo que o seu parente. Non se coñecen subespecies.

No pasado podía encontrarse tamén na illa de Luzón, pero a caza e destrución do seu hábitat minguou a súa poboación a unhas poucas cabezas en certas chairas herbáceas de Mindoro. A especie, polo tanto, corre un grave perigo de extinción. Na actualidade é unha especie protexida e considérase un símbolo das illas Filipinas. Mesmo figurou nas moedas dun peso que se acuñaron entre 1980 e os primeiros anos 1990.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Animais descritos en 1888 Categoría:Artiodáctilos