Dopazo EP é un disco editado por Fanny & Alexander no ano 2023 que compilan nunha única obra as súas catro cancións baseadas en poemas de Lara Dopazo Ruibal: "Illa Pedra" (banda sonora da curta do mesmo nome), "Lipilape" (no compilatorio de apoio á Liga Nacional de Billarda), "Píntamas de escuro" (aparecida no compilatorio Vozes Novas editado polo Novas da Galiza) e "Mentres todos os meus libros arden" (versión alternativa da incluída en "A túa ausencia no teu ar").
Dopazo EP
"Illa Pedra" "Píntamas de escuro" "Lipilape" "Mentres todos os meus libros arden"
Categoría:Álbums de Fanny & Alexander Categoría:Álbums musicais de 2023