War and Pain é o primeiro álbum de estudio da banda canadense de heavy metal Voivod, publicado o 10 de agosto de 1984 a través do selo Metal Blade Records. Segundo unha entrevista en televisión de 1986 coa banda, o disco vendeu 40 000 copias durante os dous primeiros anos.

War and Pain foi reeditado varias veces en formato CD: en 1990 a través de Enigma; foi remasterizado e reeditado en 1994 por Metal Blade; Roadrunner lanzouno en 1990 na súa serie Pricekillers; e novamente por Metal Blade en 2004 como unha caixa de 3 CDs remasterizados.

O grupo fixo un video musical para o tema "Voivod" que foi dirixido por Dédé Fortin.

Listaxe de cancións Todas as letras por Denis "Snake" Bélanger e toda a música por Denis "Piggy" D'Amour, Jean-Yves "Blacky" Thériault e Michel "Away" Langevin, agás onde se indique.

"Condemned to the Gallows" gravouse orixinalmente para o álbum recompilatorio Metal Massacre V. Á parte dunha edición en casete, "Condemned to the Gallows" foi o único tema que nunca apareceu nos CD e LP orixinais, nin foi regravado para posteriores lanzamentos de Voivod.

Notas

Categoría:Álbums de Voivod Categoría:Álbums musicais de 1984 Categoría:Álbums de Metal Blade Records