O sn-glicerol 3-fosfatoEste artigo usa a numeración estereoespecífica na que a estereoconfiguración non se especifica explicitamente. é o composto iónico orgánico coa fórmula HOCH2CH(OH)CH2OPO32-. É un dos tres estereoisómeros do éster de ácido fosfórico dibásico (HOPO32-) e glicerol. É un compoñente dos glicerofosfolípidos. Outros nomes igualmente apropiados en contextos bioquímicos son glicerol-3-fosfato, 3-O-fosfonoglicerol, 3-fosfoglicerol; e Gro3P. Por razóns históricas, tamén se coñece como -glicerol 3-fosfato, -glicerol 1-fosfato, ácido -α-glicerofosfórico.

Biosíntese

O glicerol 3-fosfato sintetízase reducindo a dihidroxiacetona fosfato (DHAP), un intermediario da glicólise. A redución catalízaa a glicerol-3-fosfato deshidroxenase. A DHAP e, por tanto, o glicerol 3-fosfato poden tamén sintetizarse a partir de aminoácidos e intermediarios do ciclo do ácido cítrico a través da ruta da gliceroneoxénese. x40px|DHAP + NAD(P)H + H+ → x40px|G1P + NAD(P)+

Tamén se sintetiza por fosforilación do glicerol, o cal xérase por hidrólise de graxas. Esta esterificación é catalizada pola glicerol quinase. x40px|Glicerol + ATP → x40px|G3P + ADP

Metabolismo e función biolóxica miniatura|esquerda|Os glicerofosfolípidos teñen tres compoñentes: grupos lipídicos de ácidos graxos (laranxa), un esqueleto molecular de glicerol (branco) e un éster 3-fosfato (verde)

O glicerol 3-fosfato é o material de partida para a síntese de novo de glicerolípidos. En eucariotas, primeiro é acilado na súa posición sn-1 pola encima mitocondrial ou do retículo endoplasmático glicerol-3-fosfato O-aciltransferase. Un segundo grupo acilo colócase seguidamente na posición sn-2 formando ácidos fosfatídicos. x40px|G1P + Acil-CoA → Ácido lisofosfatídico + CoA

A glicerol-1-fosfatase cataliza a hidrólise do glicerol 3-fosfato para rexenerar glicerol, permitindo que a fermentación do glicerol para producir glicerol a partir de glicosa a través da ruta glicolítica. Varios organismos expresan este encima. x40px|G3P + H2O → x40px|Glicerol + Pi

Sistema de lanzadeira

As glicerol-3-fosfato deshidroxenases están localizadas no citosol e na cara intermembrana da membrana mitocondrial interna. O glicerol 3-fosfato (G3P) e a dihidroxiacetona fosfato (DHAP) son moléculas moi pequenas que poden permear a membrana mitocondrial externa a través de porinas e ser lanzadas entre dúas deshidroxenases. Usando este sistema de lanzadeira, o NADH xerado polo metabolismo citosólico, por exemplo na glicólise, reoxídase a NAD+ reducindo a DHAP a G3P, e o equivalente redutor pode utilizarse para xerar un gradiente protónico a través da membrana mitocondrial interna acoplando e oxidando o G3P e reducindo quinonas.

A lanzadeira do glicerol 3-fosfato é un sistema de reforzo de emerxencia para subministrar a enerxía que demandan as neuronas.

Desfosforilación

O glicerol 3-fosfato é o substrato do encima fosfoglicolato fosfatase (PGP ou G3PP) atopado en mamíferos en 2015. Suxeriuse despois que a actividade da G3PP ten unha función reguladora no metabolismo central e na resposta ao estrés.

Glicerol 1-fosfato

O glicerol 1-fosfato, ás veces chamado -glicerol 3-fosfato, é o enantiómero do glicerol 3-fosfato. A maioría dos organismos superiores usan o 3-fosfato ou configuración no esqueleto molecular dos glicerolípidos. O 1-fosfato encóntrase especificamente en lípidos de arqueas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Glicerol 1-fosfato Glicerol 2-fosfato

Categoría:Organofosfatos Categoría:Ésteres do glicerol