O pidgin ghanés (coñecido como Ghanaian Pidgin English ou GhaPE) é unha lingua crioula baseada no inglés falada en Ghana. Tamén coñecido como pidgin, broken english ou kru english (kroo brofo en akán). GhaPE é unha variedade rexional do inglés pidgin de África Occidental. Fálase especialmente na capital sur, Accra, e nas vilas dos arredores. Está circunscrito a un sector máis reducido da sociedade que outros crioulos de África Occidental, e está máis estigmatizado, quizais debido á importancia do twi, unha variedade do akán, que funciona como lingua franca. Outras linguas que se falan como lingua franca en Ghana son o inglés estándar de Ghana (SGE) e o akán. GhaPE non se pode considerar crioulo xa que non ten falantes como primeira lingua.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en pidgin ghanés Bibliografía

Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base inglesa Categoría:Linguas de Ghana Categoría:Lingua krio