Francisco César Gonçalves, nado en Catolé do Rocha o 26 de xaneiro de 1964, coñecido polo seu nome artístico Chico César, é un escritor, xornalista, cantante e compositor brasileiro. Colaborou con músicos como o Chico Buarque, Maria Bethânia, Daniela Mercury, Richard Galliano, Sting, Ivan Lins, Uxía ou Luis Pastor, entre outros.

Traxectoria

Primeiros anos Chico César naceu no concello de Catolé do Rocha, no interior de Paraíba, e aos dezaseis anos trasladouse a João Pessoa. Licenciouse en xornalismo pola Universidade Federal de Paraíba. Na universidade ingresou no grupo Jaguaribe Carne, onde escribiu poesía de vangarda.

Carreira

Xornalista e músico Pouco despois, con 21 anos, trasladouse a São Paulo. Traballando como xornalista e corrector para Editora Abril formouse musicalmente na guitarra clásica (violão).

En 1991, foi convidado a facer unha xira por Alemaña, e o éxito animouno a deixar o xornalismo para dedicarse unicamente á música. Formou a banda Cuscuz Clã e comezou a actuar na discoteca Blen Blen Club de São Paulo. En 1995 publicou o seu primeiro disco Aos Vivos e o seu primeiro libro Cantáteis, cantos elegíacos de amizade (ed. Garamond).

Fíxose coñecido a nivel nacional e internacional en 1996 pola canción "Mama África". O vídeo musical da canción gañou o premio "Melhor Videoclipe de MPB" no MTV Video Music Brasil (VMB) de 1997 e está considerado como un dos referentes de MTV Brasil.

En 2007, participou na película Paraíba, Meu Amor, do cineasta suízo Jean Robert-Charrue, cuxo tema musical escribiu para a banda sonora.

En xaneiro de 2022 publicou un sinxelo con Laila Garin, "Vermelho Esperança", escrito por el e extraído da banda sonora do espectáculo A hora da Estrela – O canto de Macabéa, interpretado en 2020 e inspirado na obra A Hora da Estrela, por Clarice Lispector.

Secretaría de Cultura de Paraíba Chico César tomou posesión como presidente da Fundación Cultural de João Pessoa (Funjope) en maio de 2009. De xaneiro de 2011 até decembro de 2014 foi Secretário de Cultura do Estado de Paraíba.

En Galiza Chico César visitou o país galego en múltiples ocasións. En 2003 compuxo xunto a Uxía o tema "Avenida atlántica" sobre as vivencias do mar e o Prestige, que tocou en Pontevedra. Participou despois en festivais como Cantos na Maré (2014 e 2018) onde cantou coas Tanxugueiras e Kepa Junkera, e Festival Maré (2022) ou as Festas do Apóstolo de Santiago (2019). En 2023 colaborou co proxecto Ponte... nas Ondas! xunto a Ana e Uxía, Celina da Piedade e Cheny Wa Gune.

En 2008, a súa obra de poesía foi publicada en Galiza, antes do que en Portugal, por Edicións Positivas.

Discografía

Álbums de estudio

Aos Vivos (1995) Cuscuz Clã (1996) Beleza Mano (1997) Mama Mundi (1999) Respeitem Meus Cabelos, Brancos (2002) De Uns Tempos pra Cá (2006) Francisco, forró e frevo (2008) Estado de Poesia (2015) O amor é um ato revolucionário (2019) Vestido de Amor (2022)

Composicións para intérpretes Ano Música Intérprete colección 2005 " Pensar em Voçê" Daniela Mercury Belíssima - Trilha Sonora National e Balé Mulato 1996 "A primeira vista" Daniela Mercury Rei do Gado - Trilha Sonora e Feijão com Arroz

Premios e nomeamentos

1996: Gañou o premio Revelación Rexional no Prêmio Sharp polo álbum Cuzcuz Clã; 1996: Gañou o premio ao mellor compositor no Best of 1996 da Asociación Paulista de Críticos de Arte polo álbum Cuzcuz Clã ; 1996: Gañou o premio Canción do Ano en Melhores do Year pola canción "À Primeira Vista"; 1997: Gañou o premio á Mellor Canción do Troféu Imprensa pola canción "À Primeira Vista"; 1997: Gañou o premio ao Mellor Vídeo MPB en MTV Video Music Brasil (VMB) polo videoclip "Mama África"; 2016: Nomeada ao premio ao mellor cantante na categoría Pop / ROCK / REGGAE / HIPHOP / FUNK no Premio da Música Brasileira polo álbum Estado de Poesia; 2016: Nomeado ao premio ao mellor libro de poesía no Premio Jabuti polo libro Versos pornográficos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sítio oficial Canal de Chico César no YouTube

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados no Brasil Categoría:Músicos do Brasil por instrumento Categoría:Cantantes do Brasil Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Xornalistas do Brasil