Inna Afinogenova (en ), nada no Daguestán, (daquela na Unión Soviética), o 14 de xaneiro de 1989, é unha xornalista rusa. Até o mes de maio de 2022 traballou como subdirectora da páxina web de RT en Español e para a canle en YouTube Ahí les va. Dende xuño de 2022 colabora no programa La Base, do xornal dixital español Público e dende o 30 de xuño tamén colabora co programa Macondo, da revista uruguaia Caras y Caretas con Leonardo Grille e o arxentino Marco Teruggi.
Traxectoria Afinogenova naceu o 14 de xaneiro de 1989, na daquela RASS do Daguestán, parte da RSFS de Rusia (Unión Soviética). Graduouse en xornalismo pola Universidade Estatal M.V. Lomonósov de Moscova. O xornalismo e a lingua castelá son os seus meirandes intereses. Aprendeu castelán dende moi nova e recibiu clases dunha mestra arxentina dende os 12 até os 18 anos.Inna Afinogenova: periodismo ruso con acento español Nunha entrevista co presentador arxentino Beto Casella dixo sobre a súa mestra arxentina «Ela inculcoume o amor a ese país. E logo tiven a oportunidade de ir á Arxentina en 2008. Fun varias veces, e pasei longo tempo en Bos Aires».
Afinogenova traballou en varios medios de comunicación (dende a radio na Arxentina, até a televisión) e traballou na canle de televisión rusa RT en Español, ocupando varios postos en devandita canle até converterse na subdirectora da páxina web. Traballou no espazo informativo de contido audiovisual en castelán chamado Ahí les va, na plataforma de vídeos YouTube.
O 1 de marzo de 2022, Google bloqueou o acceso ás canles de YouTube das axencias de novas rusas Russia Today e Sputnik en toda a Unión Europea, incluído o espazo informativo Ahí les va, de Afinogenova, en cumprimento das sancións impostas pola Unión Europea a Rusia por mor da invasión de Ucraína. A argumentación da Unión Europea e dos Estados Unidos para pechar a canle de YouTube, que nese momento contaba con máis dun millón de subscritores e dous anos de traxectoria, era que «consideran que a súa mensaxe a prol das teses rusas é inasumible en tempos de guerra».
O 3 de maio de 2022, publicou un vídeo na súa canle de YouTube no que explicaba que abandonara Rusia e a canle de RT en Español xa que non está de acordo con esta guerra e con calquera outra guerra.
Tamén criticou a guerra, considerándoa un grave erro estratéxico, porque supuxo un gran fortalecemento da OTAN: «Ninguén que estea en contra da OTAN apoia esta guerra, porque nada reforzou esa organización tanto como a decisión tomada polo goberno ruso, unha organización que estaba en pleno declive, parecía totalmente anacrónica".
O 24 de xuño de 2022, o programa La Base do xornal español Público presentado por Pablo Iglesias anunciou que fichara a Inna Afinogenova para o seu programa onde, de luns a xoves, se encargará de realizar análises especialmente sobre a coxuntura internacional e xeopolítica, sobre todo no tocante a Latinoamérica, onde ten moitos seguidores. Ademais, cada venres emite un vídeo en YouTube, onde analiza acontecementos internacionais principalmente sobre Latinoamérica. Afinogenova reside en Madrid, España.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no Daguestán Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Moscova Categoría:Xornalistas de Rusia