Solanum rostratum é unha especie de solanácea nativa dos Estados Unidos e norte e centro de México.
É unha planta anual, herbácea autocompatible e estepicursora. page 477 Cada planta chega a 1-1,5 m de altura, ten unha ou dúas follas pinnatífidas (ver imaxe da folla), e abundantes espiñas no talo e follas. Produce flores amarelas con corolas pentagonais de 2-3,5 cm de diámetro e simetría debilmente bilateral (ver imaxe da flor). Na súa área de distribución nativa S. rostratum é polinizada por abellas de gran tamaño e abesouros.
As flores de S. rostratum presentan heteranteria, é dicir levan dous conxuntos de anteras de tamaño desigual, frecuentemente de distinta coloración e diverxencia na súa función ecolóxica entre a polinización e a alimentación dos insectos. Os froitos son bagas encerradas nun cáliz espiñento. As sementes son liberadas cando as bagas secan e sofren dehiscencia (divídense en cachos) mentres aínda permanecen unidos á planta.
Esta especie foi un dos últimos intereses científicos do famoso biólogo Charles Darwin, que xusto unha semana antes da súa morte encargara o envío das súas sementes a un colega de América, para investigar a súa heteroanteria, un asunto no que estaba interesado.
Solanum rostratum é a planta hóspede ancestral do escaravello da pataca, Leptinotarsa decemlineata, pero esta praga adoptou despois a pataca, Solanum tuberosum como novo e máis suculento hóspede, un feito primeiro observado no leste de Nebraska en 1859. Despois espallouse cara ao leste seguindo os campos de patacas nas seguintes décadas e finalmente cruzou o Atlántico.Riley CV. 1876. Potato Pests. Nova York, Orange Judd Co., 108pp.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Solanaceae