Enrique Nanín Ansias, nado en Ourense cara a 1907 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1937, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria Vixiante de arbitrios de Ourense. Foi detido en maio de 1933 con Manuel Guede Franco por suposto atentado frustrado contra o Goberno civil de Ourense.El Pueblo Gallego, 25-5-1936, p. 10. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido.La Región, 13-10-1934, p. 3. Xulgado por ameazas a axentes da autoridade foi condenado a tres meses de arresto maior e suspensión do cargo en decembro.La Región, 20-12-1934, p. 6. Foi secretario do Socorro Vermello de Ourense en xullo de 1936.La Zarpa, 5-7-1936, p. 9. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi detido no número 31 da rúa Raíña Victoria na madrugada do 27 de marzo de 1937 xunto con Ramón González Calviño e os seus fillos, os irmáns Ángel e Julio González Cudeiro.La Región, 28-3-1937, p. 3. A filla de Ramón, Josefina González Cudeiro, tamén foi encarcerada. Enrique, Ángel e Julio González Cudeiro foron xulgados en consello de guerra o 29 de xullo de 1937,El Pueblo Gallego, 30-7-1937, p. 8. e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Severino Nóvoa Gutiérrez, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández.La Región, 12-10-1937, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1937