Josep Maria Ganyet i Cirera, nado en Vic en 1965, é un enxeñeiro informático catalán. Licenciado pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1988, especializouse en intelixencia artificial.

Traxectoria A finais dos anos 80 formou parte do grupo musical Víctimes de la Tos. Despois, iniciou a súa carreira profesional con IBM e Deutsche Bank en deseño de interacción humana. Tamén traballou en publicidade en liña para a axencia El Sindicato (posteriormente o grupo Havas) e creou o portal emocional "Hoy Me Siento". En 1994, fundou a súa primeira empresa en Internet, "Ars Virtualis". É executivo en xefe e cofundador do estudio Mortensen e, participa na empresa Soundkik. Paralelamente, é profesor de novos medios nos estudos de Comunicación Audiovisual da Universidade Pompeu Fabra. Colabora en El món a RAC 1, La Vanguardia, VIA Empresa, Barcelona TV e a revista Cavall Fort, e é consultor de Gotomedia. En, 1998, publicou o libro Interacció humana amb els ordinadors (UOC).

O 5 de decembro de 2012 creou a campaña Keep Calm and Speak Catalan, baseada no coñecido cartel Keep Calm and Carry On,Esclata el lema Keep calm and speak Catalan en VilaWeb en contra do proxecto de reforma educativa comezado polo Ministro de Educación de España, José Ignacio Wert (despois da súa frase «españolizar os estudantes cataláns»), un feito considerado pola meirande parte do arco parlamentario catalán como unha nova ameaza á educación en catalán.

En febreiro de 2023 publicou o libro La democràcia mor al núvol, onde alerta sobre os perigos da espionaxe a través das novas tecnoloxías e a necesidade dunha regulación para protexer os dereitos individuais dos cidadáns.

Publicacións Interacció humana amb els ordinadors (UOC, 1998) La democràcia mor al núvol (La Magrana, 2023)

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Vic Categoría:Profesores da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona