David Grenville John Sellwood, nado Brentford, Londres, o 23 de xullo de 1925 e finado en Londres o 7 de abril de 2012, foi un enxeñeiro aeronáutico e numismático inglés especializado na moeda dos partos.
Grenville foi presidente da Royal Numismatic Society, de Londres entre 1979 e 1984.
Traxectoria David G. Sellwood naceu en Brentford, ao oeste de Londres, fillo de Jenny Rebecca Lawes e do enxeñeiro Thomas Dorey Sellwood.Assar, G. R. F. (2012). Páxina 1.Assar, G. R. F. (2020). Páxina ix.
Carreira como enxeñeiro Logo de graduarse no ensino secundario, Sellwood estudou enxeñaría aeronáutica. En 1946 fixo o seu servizo militar no corpo dos Reais Enxeñeiros, e estivo destinado na India e na Malaisia británicas, en Singapur e no Xapón, ata acadar o rango de capitán.
Finalizada a súa etapa militar, estudou Enxeñaría Mecánica na Universidade de Birmingham e, logo dun tempo traballando na industria, comezou a exercer a docencia na Universidade de Kingston. Na década de 1970 acadou o mestrado en Metalurxia e mantívose vinculado ao mundo académico durante catro décadas, ata a súa xubilación como profesor titular en 1995.
Carreira como numismático O interese de Sellwood pola numismática xurdiu na súa infancia e ao longo da súa traxectoria foise convertendo nun dos máximos coñecedores da moeda de Partia, sobre a que publicou numerosos artigos e, en 1971, unha monografía de referencia. Sellwood tamén contribuíu ao estudo das emisións sasánidas sucesoras das dos partos, coa publicación dun estudo en 1985.Assar, G. R. F. (2020). Páxina x.
Demais do seu coñecemento histórico acerca das emisións, Sellwood aplicou os seus coñecementos de enxeñaría e metalurxia para desentrañar problemas ata entón irresolubles para os investigadores numismáticos. Para iso, foi quen de recuperar a tecnoloxía e a metalurxia da Antigüidade para fabricar cuños e producir moedas ata a degradación destes, definindo así os límites cuantitativos da produción de moedas antigas mediante cuñaxe.
David G. Sellwood foi membro da Royal Numismatic Society, de Londres, desde 1979 ata 1984, e en 2004foi nomeado membro honorario da entidade."Presidents of the Society". Royal Numismatic Society.
Vida persoal David G. Sellwood casou con en 1954 coa profesora de arte June Ethel Mary Woollard, con quen tivo dúas fillas. Logo do falecemento da súa primeira esposa en 1981, casou en segundas nupcias con Gladys E. Sellwood en 1991.Assar, G. R. F. (2012). Páxina 2.Assar, G. R. F. (2020). Páxina xi.
Sellwood finou o 7 de abril de 2012 no Hospital de Kingston, en Londres, aos 86 anos, polas complicacións postoperatorias xurdidas logo dunha caída preto da súa casa.Assar, G. R. F. (2020). Páxina xx. Como grande amante da música clásica, nos seus últimos momentos elixiu para o seu funeral o Adagio do Quinteto de Schubert, o seu compositor preferido.
Publicacións Ao longo da súa traxectoria académica, David G. Sellwood foi autor de máis de 40 colaboracións e artigos, publicados nas principais revistas numismáticas do seu tempo, como The British Numismatic Journal, Numismatic Chronicle, Journal of the Society for Ancient Numismatics, Journal of Numismatic Fine Arts, Journal of the Royal Asiatic Society ou American Journal of Numismatics."Bibliography of David Sellwood". En Assar, G. R. F. (2020). Páxinas xiii-xiv
Monografías
(1971). An Introduction to the Coinage of Parthia. Spink and Son, Londres. [2ª ed. en 1980] (1971). Record of the Parthian Coinage. Malter-Westertfield, San Diego. (1985). An Introduction to Sasanian Coins (con P. W. Whitting e R. W. Williams). Spink and Son, Londres. ISBN 9780907605171
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Assar, G. R. F. (2012). "Obituary of David Sellwood". En Journal of the Oriental Numismatic Society. 211. Primavera. Páxinas 1-3. Assar, G. R. F. (2020). "Biography and Bibliography of David Sellwood and My Tribute to Him". En Faghfoury, M. Ancient Iranian Numismatics, in Memory of David Sellwood. Brill. ISBN 9781949743166
Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en Londres Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade de Birmingham Categoría:Profesores da Universidade de Kingston Categoría:Enxeñeiros aeroespaciais Categoría:Personalidades sen imaxes