Huanjing (medio ambiente), abreviadamente HJ, é o nome dunha serie de satélites artificiais chineses adicados á observación da Terra, para a busca de recursos e apoio en situacións de catástrofe natural. Son operados polo CRESDA (China Centre for Resources Satellite Data and Application).

HJ 1A e 1B Os HJ 1A e 1B foron lanzados a bordo do mesmo foguete CZ-2C o 6 de setembro de 2008. Proporcionan imaxes cunha resolución de entre 3 e 100 m rango óptico, co HJ 1A levando ademais unha cámara hiperespectral e o HJ 1B unha cámara no infravermello. O satélite HJ 1A leva tamén a carga SMMS (Small Multi-Mission Satellite), colaboración entre varios países da zona de Asia-Pacífico.

HJ 1C HJ 1C é o compoñente de radar do conxunto de satélites HJ 1. O satélite usa un radar en banda S para obter imaxes da superficie terrestre. Despois do lanzamento, o 18 de novembro de 2012 a bordo un CZ-2C, a antena sufriu algún problema, co que a resolución das imaxes era inferior á esperada. Como solución os operadores do satélite baixaron a órbita para obter mellores imaxes.

HJ 2A e 2B HJ 2A e 2B, lanzados o 27 de setembro de 2020 a bordo dun CZ-4B, son satélites ópticos cunha resolución de 16 m en modo multiespectral e 48 m en modo hiperespectral e infravermello. Xunto con Gaofen 1 e Gaofen 6 forman unha constelación coorbital.

HJ 2E e 2F HJ 2E e 2F, lanzados o primeiro o 13 de outubro de 2022 e o segundo o 8 de agosto de 2023, ambos mediante foguetes CZ-2C, son satélites de radar en banda S para observación terrestre. Poden proporcionar imaxes en radar independentemente do tempo atmosférico con resolucións de entre 3 e 100 m.

Misións FY

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasHJ 1A6 de setembro de 2008CZ-2CHJ 1B6 de setembro de 2008CZ-2CHJ 1C18 de novembro de 2012CZ-2CHJ 2A27 de setembro de 2020CZ-4BHJ 2B27 de setembro de 2020CZ-4BHJ 2E13 de outubro de 2022CZ-4BHJ 2F8 de agosto de 2023CZ-2C

Notas

Véxase tamén Outros artigos CZ-2C CZ-4B

Categoría:Satélites artificiais