Celia Freijeiro García, nada en Vigo o 9 de febreiro de 1983, é unha actriz e produtora galega.
Traxectoria Iniciou os estudos secundarios no IES Santo Tomé de Freixeiro, onde se iniciou como actriz no grupo teatral. No 2001 marchou aos EUA a estudar o bacharelato e a proba de acceso á universidade. Tras regresar a Galicia no 2004, marchou a Madrid a comezar a formación teatral no Centro Dramático Nacional. Traballou con numerosos ilustres do cine, teatro e televisión e rodou en diversos países e cidades do Canadá, Estados Unidos e Italia.
Leva facendo teatro dende o 2002 e ten participado en numerosas series de televisión, sendo unha das protagonistas de Amistades peligrosas (Cuatro) e varias películas, destacando Días azuis. Figurou como xurado na primeira edición do concurso nacional de teatro breve Cervantes.
En 2007 fundou a súa propia produtora, PocaPena Producciones. Celia xa producira no 2005 a obra de Paloma Pedrero El Color de Agosto. Entre as producións teatrais de Pocapena atópanse La Música de Marguerite Duras e Palabra de Perro de Juan Mayorga. Actualmente Pocapena iníciase no mundo do management artístico co pintor Rafael Freijeiro, pai da actriz.
Televisión 2 de Mayo (Telemadrid). Maridos e mulleres (TVG). El Comisario (Telecinco) capitular Hospital Central (Telecinco) capitular Amistades peligrosas (Cuatro). Chica busca chica (Terra Televisión). El Jugador (TVE). Pelotas (TVE). Homicidios (Telecinco). Bajo sospecha (2015). Antena 3.
Películas La playa de los ahogados (2014). Os aires difíciles (2006), de Gerardo Herrero. Días azuis (2006), de Miguel Santesmases. Woman on the falls (2009, curtametraxe), de Sonia Sebastián. Todo é silencio (2011), de José Luis Cuerda.
Teatro El color de agosto, de Paloma Pedrero (2006). Dirixida por Marta Álvarez; protagonizada e producida por ela. La música, de Margueritte Duras (2008). Dirixida por Marta Álvarez; protagonizada e producida por ela. (Pocapena Producciones). El León en invierno, de James Goldman. Dirixida por Juan Carlos Perez de la Fuente. El Dulce Peso de la Decadencia, de Garrigues Walker. Dirixida por Juan Carlos Perez de la Fuente. Noches de Monólogos, de Adan Black. Dirixida por Alan Black. El Imaginario de Cervantes, de Sonia Sebastián, baseada nos personaxes de Miguel de Cervantes. Dirixida por Sonia Sebastián. Cámara Cervantes/ Pocapena Producciones. Sopa de Colibrí, de Ariel Capone. Dirixida por Sonia Sebastián. Teatro de Cámara Cervantes. (Microteatro Por Dinero).
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2012Mellor actrizTodo é silencioNomeada
Véxase tamén Ligazóns externas Celia Freijeiro en AVG de Culturagalega.org Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Actores de Vigo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1983