A lingua náhuatl da Huasteca (en ) é unha variedade da lingua náhuatl falada na rexión da Huasteca, en México por máis dun millón de persoas do pobo náhuatl. Os seus falantes distribúense na devandita rexión entre os estados de Hidalgo (variedade oriental) e San Luis Potosí (occidental).Kimball: p. 196. É falada polos huastecos como segunda lingua. É, ademais, a variante de náhuatl máis falada. Ethnologue divide o náhuatl da Huasteca en tres linguas: a "central" falada no estado de Hidalgo (196.000 falantes e con código nch), a "oriental" falada en Veracruz (493.000 falantes e con código nhe) e a "occidental" falada en San Luis Potosí (400.000 falantes e con código nhw), xa que xulgan que se require literatura separada para representar cada unha, mais sinalan que hai un 85% de intelixibilidade mutua entre as variedades oriental e occidental. O náhuatl da Huasteca está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

A radio XEANT-AM emite en náhuatl da Huasteca.

Demografía O náhuatl da Huasteca é falado nos seguintes concellos dos estados de Hidalgo, Veracruz e San Luis Potosí,Rodríguez e Valderrama 2005:168 e o número de falantes en cada concello no ano 2005 era:

Hidalgo (121.818) Huejutla Reyes (56.377) Huautla (18.444) Yahualica (14.584) Xochiatipan (12.990) Atlapexco (12.445) Jaltocan (6.978)

Veracruz (98.162) Chicontepec (41.678) Ixhuatlán de Madero (21.682) Benito Juárez (11.793) Ilamantlan (9.689) Ixcatepec (6.949) Zontecomatlán (6.371)

San Luis Potosí (108.471) Tamazunchale (35.773) Axtla de Terrazas (17.401) Xilitla (16.646) Matlapa (16.286) Coxcatlan (12.300) Chalchicuautla (10.065)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Rodríguez López, María Teresa, and Pablo Valderrama Rouy. 2005. "The Gulf Coast Nahua." In Sandstrom, Alan R., and Enrique Hugo García Valencia. 2005. Native peoples of the Gulf Coast of Mexico. Tucson: University of Arizona Press.

Stiles, Neville Náhuatl in the Huasteca Hidalguense: A Case Study in the Sociology of Language (1983) PhD Thesis, University of St. Andrews, Scotland.

Categoría:Lingua náhuatl Categoría:Linguas de México