Indian Space Research Organisation (Organización India para a Investigación Espacial) ou ISRO é a axencia espacial da India.

Historia ISRO foi fundada o 15 de agosto de 1969, herdeira da INCOSPAR (Indian National Committee for Space Research), fundado á súa vez en 1962 por Vikram Sarabhai. En 1972 ISRO pasou a depender do Departamento do Espazo do goberno, fundado ese mesmo ano, que aglutina a outros centros tamén. A misión de ISRO é desenvolver e aplicar tecnoloxías relacionadas co espazo para as diferentes necesidades nacionais. Para iso a organización desenvolveu sistemas e satélites para comunicacións, emisións de televisión, servizos meteorolóxicos, navegación, busca de recursos e educación. Tamén desenvolveu unha serie de lanzadores, como o Polar Satellite Launch Vehicle e o Geosynchronous Satellite Launch Vehicle.

ISRO tamén ten unha vertente educativa, con centros para educación e investigación repartidos polo país adicados á teledetección, a astronomía, a astrofísica e as ciencias atmosféricas. A organización posúe un programa de exploración lunar e planetaria. Ten as súas oficinas principais en Bengaluru e o seu centro de fabricación de vehículos de lanzamento no Centro Espacial Vikram Sarabhai en Thiruvananthapuram. Os lanzamentos fanse desde o Centro espacial de Sriharikota.

Algúns satélites e sondas de ISRO son:

Chandrayaan 1 Chandrayaan 3 (primeira sonda en acadar o polo sur lunar) Indian Remote Sensing Satellite Indian National Satellite System Indian Regional Navigation Satellite System

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Centro espacial de Sriharikota

Ligazóns externas

Web de ISRO

Categoría:Axencias espaciais