Os partidos xudiciais de Escocia, chamados en inglés sheriffdom, é a división territorial que opera nese país conforme a administración de xustiza. Dende 1975 existen en Escocia seis partidos xudiciais.

Na súa orixe, os partidos xudiciais de Escocia xurdiron como agrupación dos distintos condados, pero a eliminación destes e a implantación das rexións e dos distritos en 1975 perdeuse esta correspondencia. Cando o 1 de abril de 1996 entraron en vigor as áreas municipais, a actual unidade de división municipal, esta situación non se emendou.

Equivalencia dos partidos xudiciais

Partido xudicial Condados conforme a repartición anterior a 1975 Rexións, illas e distritos (a partir do 16 de maio de 1975) Áreas municipais (a partir do 1 de abril de 1996)Glasgow e StrathkelvinParte do condado de Lanark incluíndo o distrito xudicial de Glasgow.Os distritos de Glasgow e StrathkelvinA área de Glasgow, parte de Dunbartonshire Oriental (distritos do 11 ao 26); e parte de Lanarkshire do Sur (distritos do 62 ao 74)Grampian, Terra Alta e as IllasOs condados de Inverness, Nairn, Ross e Cromarty, Moray, Caithness, Sutherland, Illas Órcadas, Illas Shetland, Aberdeen, Kincardine e Banff; e parte do condado de Argyll que comprende a Fort WilliamAs rexións de Grampian e Terra Alta, e as áreas insulares de Illas Órcadas, Shetland e Illas OccidentaisAberdeen, Aberdeenshire, Terra Alta, Moray, Illas Órcadas, Illas Shetland e Illas OccidentaisLothian e EstremasOs condados de Lothian Oriental, Lothian Central, Lothian Occidental, Berwick, Peebles, Roxburgh e SelkirkAs rexións de Lothian e EstremasEdimburgo, Lothian Oriental, Lothian Central, Lothian Occidental e EstremasStrathclyde do NorteOs condados de Renfrew, Argyll (agás a parte que cae baixo a dependencia de Fort William, Dunbarton, Bute e a parte do condado de Ayr que corresponde a KilmarnockOs distritos de Argyll e Bute, Dumbarton, Clydebank, Bearsden e Milngavie, Renfrew, Eastwood, Inverclyde, Cunninghame e Kilmarnock e LoudounArgyll e Bute, North Ayrshire, Dunbartonshire Occidental, Inverclyde, Renfrewshire Oriental e Renfrewshire; parte de Ayrshire Occidental (distritos do 1 ao 20); e parte de Dunbartonshire Oriental (distritos do 1 ao 10)Strathclyde do Sur, Dumfries e GallowayOs condados de Dumfries, Kirkcudbright e Wigtwon; a parte do condado de Ayr que non corresponde a KilmarnockA rexión de Dumfries e Galloway,; os distritos de Monklands, Cumbernauld, Hamilton, Motherwell, East Kilbride, Kyle e Carrick e Cumnock e Doon ValleyAyrshire do Sur, Dumfries e Galloway e Lanarkshire do Norte; parte de Ayrshire Oriental, (distritos do 21 ao 30) e parte de Lanarkshire do Sur (distritos do 1 ao 61)Tayside, Central e FifeOs condados de Perth, Angus, Stirling, Clackmannan, Fife e KinrossAs rexións de Tayside, Central e Fife Angus, Clackmannanshire, Dundee, Falkirk, Fife, Perth e Kinross e Stirling (área municipal)

Funcionamento Cada partido xudicial ten o seu xérif principal. Cada partido xudicial ten as súas divisións internas en distritos xudiciais con cadanseu xuíz (ou xérif) ou máis.

Véxase tamén Subdivisións de Escocia

Categoría:Subdivisións de Escocia