Victoriano Trenco Romay, nado en Pontecesures en 1950 e finado en Santiago de Compostela o 24 de setembro de 2008, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Estivo á fronte dunha axencia de seguros en Pontecesures. Foi xogador do Ulla Pontecesures CF e posteriormente adestrador deste e do Cordeiro CF. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a formación Independentes de Pontecesures e logrou 4 concelleiros fronte a 5 do PPdeG do ata entón alcalde Xosé Piñeiro Ares e 2 do BNG de Luís Álvarez Angueira. Desta forma resultou elixido alcalde co apoio do BNG. Gobernou en minoría ata setembro de 1996, cando estableceu un pacto de goberno co PPdeG (xa sen Piñeiro Ares) e se integrou nesta formación xunto con outros edís do seu grupo. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG logrando 5 concelleiros, a 1 da maioría absoluta, mais a unión dos outros 3 grupos (BNG, ACP e PSdeG) fixo alcalde ao nacionalista Luís Álvarez Angueira, polo que pasou á oposición e foi portavoz do seu grupo ata o final do mandato en 2003, cando se retirou da política.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pontecesures
Categoría: Alcaldes de Pontecesures Categoría: Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría: Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría: Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría: Nados en 1950 Categoría: Nados en Pontecesures Categoría: Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes