miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Malawi, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Malawi ratificou a convención o 5 de xaneiro de 1982, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Malawi Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01Parque Nacional do Lago Malawi200px|Rexión Central 1984 289; VII, IX, X (natural)02Arte rupestre de Chongoni200px|Dedza 2006 1653; III, VI (cultural)03Paisaxe Cultural do Monte Mulanje150px|alt=Rexión sur2025III, VI (cultural)

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. Malawi mantén sete propiedades na súa lista provisional.

+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (rexión) Ano de inclusión Criterios da UNESCO DescriciónNyika-Reserva de Vida Silvestre de Vwaza150px|alt=Rexión Norte2025III, V, VIII, IX, X (mixto)Ruta do Patrimonio dos Escravos de Malawi e Senda do Dr. David Livingstone150px|alt=Rexión Central2025III, IV (cultural)Patrimonio xeolóxico dos piares de MalapeRexión sur2025VII, VIII, X (natural)Zona húmida do lago Chilwa150px|alt=Rexión sur2025IX, X (natural)Paisaxe cultural de Khulubvi e os santuarios da choiva de Mbona asociadosRexión sur2025 III, VI (cultural)Paisaxe xeográfica fosilizada de Karonga150px Rexión norte2025III, VIII, IX, X (mixto)Corredor Histórico do Forte Mangochi e Makanjira150px Rexión sur2025III, IV, VI (cultural)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país