As linguas tákicas son unha póla da familia de linguas uto-aztecas que foron faladas por varios pobos indíxenas do sur de California. As linguas tákicas agrúpanse, xunto coa lingua tübatulabal, a lingua hopi e as linguas númicas na rama setentrional da familia uto-azteca.
Distribución Antes da invasión dos europeos, as linguas tákicas falábanse ao longo da costa de California entre os actuais Malibú e Carlsbad e no arquipélago das illas do Canal. As linguas takicas tamén se falaban no interior do sur de California, en partes do Val de Coachella, no deserto de Mojave e na serra de Tehachapi.
Linguas tákicas Lingua cahuilla Lingua cupeña Lingua luiseña Lingua serrano Lingua tongva Lingua kitanemuk Tataviam ? Nicoleño ?
Notas
Categoría:Linguas aglutinantes