Laura Cid Rascado, nada en Vigo en 1999, é unha artista galega.
Traxectoria Graduouse na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo en 2022. Ten o Grao Profesional de Música desde 2020, cursado no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e o CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra. En 2022 tocaba na Banda de Música de Beade como clarinetista.
Para o traballo de fin de grao fixo unha especie de libro ou conto en formato acordeón realizado con ilustracións, sen ningún tipo de texto, que estivo exposto no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco).
En 2023 gañou a III edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi” con Maruchi e o gancho. O xurado, que estaba formado por Tamara Andrés, Armando Requeixo, Óscar Villán, Carlos Loureiro e Sara Valcárcel, destacou:
Premios
2023: III edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi” con Maruchi e o gancho.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1999 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo