Paz Campos Trigo, nada en Sevilla o 2 de xaneiro de 1976, é unha actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico Paz Vega.

Traxectoria Paz Campos Trigo toma o seu apelido artístico, Vega, da súa avoa. Comezou estudos de Ciencias da Información, pero decidiu abandonalos e trasladarse a Madrid para dedicarse á interpretación.

Os seus primeiros traballos conségueos en series de televisión. O seu primeiro papel foi en Más que amigos, para Telecinco, onde deu vida ó personaxe de Olga no ano 1997. Un ano máis tarde entraría a formar parte do elenco de Compañeros, onde interpretou a profesora Luz durante só unha temporada, abandonando esta produción de Antena 3 para volver a Telecinco e ser unha das protagonistas de Siete Vidas, a serie que verdadeiramente a lanzou á fama co papel de Laura.

O seu primeiro papel importante en cine sería o de Lucía, protagonista en Lucía y el sexo (2001) de Julio Medem. No mesmo ano protagoniza xunto a Sergi López Ayats Sólo mía de Javier Balaguer, unha cinta que trata o tema do maltrato á muller. Foi candidata ós Premios Goya do ano 2002 por ambas interpretacións, obtendo o premio á mellor actriz revelación polo seu traballo ás ordes de Medem.

En 2002 tivo unha breve participación en Hable con ella de Pedro Almodóvar, ademais de ser unha das protagonistas de El otro lado de la cama de Emilio Martínez Lázaro, a película española de máis éxito dese ano segundo FilmAffinity. Casou con Orson Salazar co que ten tres fillos.

En 2003 protagonizou xunto a Leonardo Sbaraglia Carmen de Vicente Aranda, baseada na novela de Prosper Mérimée. En 2004 rodou en Estados Unidos Spanglish, dirixida por James L. Brooks, e tamén a produción española Di que sí xunto a Santi Millán.

En 2006 aparece nun vídeo musical de Alejandro Sanz titulado A la primera persona. Nese ano interpreta a Caterina Sforza no filme Los Borgia dirixida por Antonio Hernández, e pouco despois protagoniza La masseria delle allodole, dirixida polos irmáns Taviani.

En novembro de 2007 participa no filme de acción estadounidense The Spirit, xunto con Eva Mendes, Samuel L. Jackson e Scarlett Johansson. O 30 de maio de 2008 recibiu a medalla da cidade de Sevilla, Sevilla.- El Ayuntamiento otorga hoy las Medallas de la Ciudad a Paz Vega, los sindicatos CCOO y UGT y la CES, Europa Press (30-5-2008).Paz Vega recibió la Medalla de Sevilla rodeada de familiares y amigos , ABC (31-5-2008) e en outubro de 2008 comezou a traballar na serie de televisión LEX, protagonizada polo seu antigo compañeiro en Siete vidas, Javier Cámara.

En 2009 seguiu desenvolvendo a súa traxectoria internacional co filme Triage, onde comparte cartel con Colin Farrell e Christopher Lee. O 23 de maio de 2010 recibiu a Medalla de Ouro da provincia de Sevilla.

En 2012 deu a súa voz para o filme de animación Madagascar 3: Europe's Most Wanted e deu por finalizada a rodaxe de Los amantes pasajeros, de Pedro Almodóvar. Recentemente interpretou a Maria Callas no filme Grace of Monaco xunto a Nicole Kidman, quen encarnou a Grace Kelly.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1997 Más allá del jardín 1998 Perdón, perdón María 1999 Zapping Elvira Sobreviviré Azafata 2000 Nadie conoce a nadie Ariadna El chico en la puerta Curtametraxe 2001 Lucía y el sexo Lucía Sólo mía Angela 2002 Hable con ella Amparo El otro lado de la cama Sonia Novo Isabelle 2003 Carmen Carmen 2004 Di que sí Estrella Cuevas Spanglish Flor Moreno 2006 10 Items or Less Scarlet Los Borgia Caterina Sforza Fade to Black Lea Padovani 2007 Teresa, el cuerpo de Cristo Tareixa de Xesús La Masseria Delle Allodole Nunik 2008 The Human Contract Michael The Spirit 2009 Not Forgotten Amaya The Six Wives of Henry Lefay Verónica Triage Elena Morales Burning Palms Blanca Juárez Wanted: Weapons of Fate Araña Videoxogo 2010 Castro's Daughter Alina Fernández 2011 The Flower of Evil Antonella D'Agostino Cat Run Cat 2012 Madagascar 3: Europe's Most Wanted Esmeralda, Esperanza e Ernestina Voz María de Nazaret María Madalena 2013 Los amantes pasajeros Alba 2014 Grace of Monaco Maria Callas Não Pare na Pista - A Melhor História de Paulo Coelho Luiza Kill the Messenger Coral Baca 2015 Beautiful & Twisted Narcy Novak

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial de Paz Vega Anuncio publicitario Magnum con Paz Vega

Categoría:Actores de Andalucía Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1976