Gaston Gross, nado en Confolens, Charente (Francia) o 30 de setembro de 1939 e finado en Eaubonne (Francia) o 13 de outubro de 2022, foi un lingüista francés. Foi profesor de lingüística na Universidade de París XIII, onde dirixiu o Laboratoire de Linguistique Informatique (LLI). Especializouse no tratamento automático das linguas, para o cal desenvolveu a noción de "clase de obxecto".
Estudou literatura, lingüística e estatística en Estrasburgo. Comezou a súa carreira na Universidade de Mulhouse (1971-1974), despois foi nomeado para a Universidade de París XIII, onde pasou toda a súa carreira e onde fundou o Laboratoire de linguistique Informatique (LLI), do CNRS, cuxo obxectivo era unha descrición exhaustiva da linguaxe a partir de clases semánticas baseadas na sintaxe, as clases de obxecto. Traballou durante quince anos en tradución automática (Systran) e colaborou con varias empresas de procesamento da linguaxe natural.
Notas
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Lingüistas de Francia Categoría:Nados no departamento de Charente