Milagros Torrado Cespón, nada en Boiro en 1983, é unha investigadora e profesora galega.

Traxectoria Doutora en filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional como bolseira predoutoral nesta mesma universidade. Despois de doutorarse, compatibilizou o seu traballo en proxectos de investigación co seu labor na Universidade Internacional da Rioxa, onde é docente e investigadora na actualidade. Destaca no seu eido polos seus traballos de investigación sobre a aprendizaxe de linguas, sendo a coordinadora da ferramenta CleverCookie e colaboradora do EPPS Multimedia Lab. É a investigadora principal do grupo ENTELEARN dende 2019, integrado por máis de vinte especialistas na área da innovación educativa na ensinanza e adquisición de linguas.

En 2004, formou parte da creación da Asociación Cultural Barbantia. Foi vogal da asociación de 2004 a 2010 e é secretaria dende 2011.

En 2023, foi unha das pregoeiras das Festas do Verán de Boiro, nas que se homenaxeaba ao tecido cultural do concello.

Obra Ademais das súas publicacións científicas en ciencias da educación, é autora de obras de divulgación principalmente centradas na achega do folclore comparado á xente non especialista.

Libros

O fenómeno cultural da fascinoloxía (2009). Toxosoutos. Orión en un petroglifo de Folgoso (Figueiras, Santiago de Compostela). Significado simbólico y práctico de los astros(2014). Andavira. Con Fernando Alonso Romero. Da Moura á Sheela-Na-Gig. Reflexións sobre significado, orixe e evolución (2016). Toxosoutos.

Tradución Contos da Illa de Man(2023). Medulia.

Artigos de divulgación

Unha Pequena Viaxe Etnográfica polo Barbanza. Anuario de Estudos do Barbanza (2008). Historias recollidas nalgúns cruceiros do concello de Boiro (A Coruña). Actas do IIº Congreso Galego sobre "Cruceiros e Cruces de Pedra" (2010). El altar rupestre de" A pedra da Pía"(Esteiro, Muros, Galicia). Anuario Brigantino (2011), con Aurora Lestón Mayo. Actualización da Noia de Ruth Matilda Anderson: fotografías de onte e hoxe. Anuario de Estudos do Barbanza (2011). El rito propiciatorio de la fecundidad humana en el entorno del antiguo alcornocal de San Ramón de Bealo (Boiro, A Coruña) y otros testimonios de dendolatría. Anuario Brigantino (2015), con Fernando Alonso Romero. O Moddey Dhoo da Illa de Man. Reflexións sobre a figura do urco máis alá de Galicia na literatura e no folclore. Anuario de Estudos do Barbanza (2022).

Artigos xornalísticos

He sacado un 9.6. ¿Qué me das? The Conversation. No vale con verlo en Internet: hay que conocer las fuentes. The Conversation. Cando morre unha árbore. Palabras na Paisaxe. A Voz de Barbantia. ¿Son los dibujos animados clásicos demasiado violentos para los niños de hoy? The Conversation.

Premios

2026: Con Laura Pérez Delgado gañan o IV Premio de Álbum Ilustrado ‘Alberte Quiñoi’ por Paio e o Gatipedro.

Notas

Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Filólogos de Galicia