miniatura|Térmite obreira en ámbar dominicano.|250px O ámbar dominicano é o ámbar que se obtén de xacementos da República Dominicana derivado de resina da árbore extinta Hymenaea protera (anxiosperma fabácea) con idades que van do Oligoceno ao Mioceno.

O ámbar dominicano diferénciase do ámbar báltico por ser case sempre transparente e ter un maior número de inclusións de fósiles. Isto permitiu facer unha detallada reconstrución do ecosistema dun antigo bosque tropical.George Poinar, Jr. and Roberta Poinar, 1999. The Amber Forest: A Reconstruction of a Vanished World, (Princeton University Press)

Idade

Un estudo de principios da década de 1990 obtivo unha antigüidade para o ámbar dominicano de ata 40 millóns de anos. Porén, de acordo con Poinar, non é tan antigo e data do Oligoceno ao Mioceno, de aproximadamente hai uns 25 millóns de anos. O máis antigo e máis duro deste ámbar procede da rexión montañosa ao norte de Santiago de los Caballeros. Os xacementos son as minas de La Cumbre, La Toca, Palo Quemado, La Bucara e Los Cacaos na Cordilleira Setentrional non lonxe de Santiago de los Caballeros. Tamén se atopou ámbar na área do suroeste do país de Bayaguana/Sabana de la Mar. Tamén se encontrou copal (resina a medio polimerizar) subfósil nos depósitos de Cotui cunha idade de só 280 anos.Schlee, D. (1984): Notizen über einige Bernsteine und Kopale aus aller Welt. Stuttgarter Beitr. Naturk. Ser. C, 18: 29-47, page 35

Xacementos

Hai tres sitios principais onde se atopa ámbar na República Dominicana: a cordilleira setentrional, no norte, e Bayaguana e Sabana de la Mar, no leste. Na área do norte, a unidade que contén ámbar está formada por rochas clásticas, arrastradas polas augas con fragmentos de arenito e outros sedimentos que se acumularon nun ambiente deltaico, incluso en augas con certa profundidade.Leif Brost and Ake Dahlstrom. The Amber Book, Geoscience Press, Inc., Tucson , AZ, 1996 Wilfred Wichard und Wolfgang Weitschat: Im Bernsteinwald. - Gerstenberg Verlag, Hildesheim, 2004, Baroni Urbani, C. & Saunders, J.B. (1980): The fauna of the Dominican Republic amber: the present status of knowledge. – Memorias, 9a geologica del Caribe, 1: 213-223; Santo Domingo. (Publicado en 1983).

Na área do leste, o ámbar encóntrase nunha formación sedimentaria de areas laminadas ricas en materia orgánica e arxilas, lignito intercalado, e algunhas capas solvatadas de gravas e calcarenito.Schlee, D. (1984): Besonderheiten des Dominikanischen Bernsteins. – Stuttgarter Beitr. Naturk., C, 18: 63-71; Stuttgart.

Ambas as áreas parece que formaban parte da mesma cunca sedimentaria pero foron despois alteradas por movementos ao longo de importantes fallas.Manuel A. Iturralde-Vennet 2001. Geology of the Amber-Bearing Deposits of the Greater Antilles. Caribbean Journal of Science, Vol. 00, No. 0, 141-167, 2001

Minaría

O ámbar dominicano, especialmente o ámbar azul dominicano, obtense en pozos con forma de campá (con fondo ancho), o cal é extremadamente perigoso. Un pozo campá é basicamente un pozo escavado coas ferramentas dispoñibles; empézase con machetes, pas, picos e ás veces martelos. O pozo chega á profundidade maior que sexa posible e segura, ás veces é vertical, outras veces máis ou menos horizontal, pero nunca nivelado. Serpentea nas ladeiras dos montes, baixa a cotas máis profundas, únese a outros, segue recto e sae á superficie nalgún outro lugar. Realmente son como toqueiras: raramente estes pozos son grandes dabondo como para estar dentro de pé, agás na entrada, polo que os mineiros teñen que arrastrarse de xeonllos e usar picos de man curtos, pas e machetes.

Nos pozos hai poucas ou ningunha medidas de seguridade. Un poste pode soster o teito cada certos metros, pero só se a área colapsou previamente. A única fonte de luz son candeas. A humidade dentro das minas é do 100%. Como os pozos están situados en zonas altas das ladeiras das montañas e son profundos, a temperatura é fría e soportable, pero neles despois de varias horas o aire faise viciado. Durante a chuvia vense obrigados a pechar as minas. Os pozos poden encherse rapidamente de auga, e hai poucos lugares onde se poida bombear a auga (aínda que ás veces se fai) porque as inseguras paredes poden esboroarse.Martínez, R. & Schlee, D. (1984): Die Dominikanischen Bernsteinminen der Nordkordillera, speziell auch aus der Sicht der Werkstaetten. – Stuttgarter Beitr. Naturk., C, 18: 79-84; Stuttgart.

Variacións O ámbar dominicano pode ter varias cores, ademais da obvia cor ámbar. Os de cor amarela e mel son moi comúns. Hai tamén ámbar vermello e verde en menores cantidades e o moito máis raro ámbar azul (fluorescente).Schlee, D. (1980): Bernstein-Raritaeten (Farben, Strukturen, Fossilen, Handwerk). – 88 S. (mit 55 Farbtafeln); Staatl. Museum für Naturkunde Stuttgart.

O ámbar azul atópase principalmente no xacemento de Palo Quemado, ao sur de La Cumbre.

O Museo del Ambar Dominicano, en Puerto Plata, así como o Amber World Museum de Santo Domingo teñen interesantes coleccións de espécimes de ámbar.

Paleobioloxía Describíronse numerosos organismos a partir dos espécimes conservados no ámbar dominicano, entre os que están: miniatura|Anochetus intermedius, unha formiga. miniatura|Odontomachus spinifer.

Protozoos Paleoleishmania neotropicum Trypanosoma antiquus

Flora Discoflorus neotropicusAncient Termite Pollinator of Milkweed Flowers in Dominican Amber Poinar GO Jr. American Entomologist 2017 63:52-59 Hymenaea protera Palaeoraphe Roystonea palaea

Fungos Parmelia ambra

Fauna

Acanthostichus hispaniolicus Anelaphus velteni Anochetus ambiguus Anochetus brevidentatus Anochetus conisquamis Anochetus corayi Anochetus dubius Anochetus exstinctus Anochetus intermedius Anochetus lucidus Apterostigma electropilosum Apterostigma eowilsoni Araneagryllus Augochlora leptoloba Azteca alpha Azteca eumeces Cephalotes jansei Dicromantispa electromexicana Dicromantispa moronei Eickwortapis Electromyrmococcus Elaphidion inclusum Elaphidion tocanum Formicodiplogaster myrmenema Leptofoenus pittfieldae Lutzomyia adiketis Neocorynura electra Nesagapostemon cf. Nesoctites Odontomachus pseudobauri Odontomachus spinifer Oligochlora Palaeoplethodon Paradoryphoribius Plectromerus grimaldii Plectromerus tertiarius Pterolophosoma otiliae Sphaerodactylus dommeli Stizocera evanescens Syndesus ambericus Tainosia Termitaradus mitnicki Triatoma dominicana

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lagerstätte Ámbar birmano Ámbar báltico Ámbar xaponés Ámbar ucraíno

Ligazóns externas

Ambercollector.info: Dominican Amber Ambarazul.com: The Definitive List of Dominican Blue Amber Mines Palaeo.uk: "Geological setting and age of the Dominican Republic" — by Christine Lipkin. PBS NOVA: "Amber: Jewel of the Earth" ISEM Research: Anolis lizard in amber American Museum of Natural History: "Amber: Window to the Past" (1998) Emporia.edu: Life in Amber — inclúe outras numerosas ligazóns.

Categoría:Ámbar Categoría:Paleontoloxía Categoría:Xacementos paleontolóxicos Categoría:República Dominicana