Antonio Eytor Canizo, nado en Mugardos en 1881 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria Estivo emigrado en Cuba, onde foi vicesecretario da delegación de Guanajay do Centro Gallego de La Habana.Memoria correspondiente al año de 1912 que la Junta Directiva presenta a los Sres. Socios en 2 de Febrero de 1913, p. 291. Regresou a Mugardos en 1913. Durante a Segunda República Española foi concelleiro de Mugardos por Izquierda Republicana.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido e procesado. Xulgado por un tribunal militar en Ferrol os días 1, 2 e 3 de decembro de 1937 acusado de rebelión polos sucesos do pazo do Piñeiro,El Correo Gallego, 1-12-1937, p, 1.El Pueblo Gallego, 4-12-1937, p. 5. foi condenado á pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 27 de xaneiro de 1938 canda Amada García, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas.El Eco de Santiago, 29-1-1938, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en xuño de 1938.El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3. Vida persoal
Casou con Avelina Cudilleiro. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Arquivo Intermedio Militar do Noroeste, causa 379.
Ligazóns externas O Pazo do Piñeiro como excusa
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Concelleiros de Mugardos Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1938
Categoría:Fusilados