miniatura|dereita|Xogadores do LP en 2023.
Os Loimaan Palloilijat, ou simplemente LP, son un equipo de pesäpallo da cidade de Loimaa, Finlandia. O equipo foi fundado en 1931 e debutou na máxima categoría o ano seguinte. As cores do equipo son o verde e o branco. Xoga os seus partidos como local no Loimaan pesäpallostadion.
Na tempada 2023 o seu equipo masculino compite na Miesten Ykköspesis, a segunda categoría do pesäpallo masculino, mentres que o seu equipo feminino disputa a terceira categoría, a Suomensarja.
Estadio miniatura|dereita|Vista parcial das bancadas do Loimaan pesäpallostadion. Os Loimaan Palloilijat xogan os seus partidos como locais no Loimaan pesäpallostadion, situado na rúa Sammonkatu, no centro de deportes da cidade de Loimaa, e que ten sido o estadio principal de pesäpallo na cidade durante décadas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de pesäpallo Categoría:Deporte en Loimaa