María Nogareda Marzoa, nada en Sada en 1977, é unha profesora e política galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica, é profesora no IES Francisco Aguiar de Betanzos. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura de Alternativa dos Veciños que acadou dous representantes e foi elixida concelleira, conformando un goberno tripartito encabezado pola marea Sadamaioría e co BNG. O 17 de novembro de 2022, trala ruptura do pacto de goberno o mes pasado por parte de Alternativa, foi elixida alcaldesa logo dunha moción de censura co apoio de dous concelleiros do PSdeG-PSOE e cinco do PPdeG.María Nogareda A desautorización da moción de censura por parte dos órganos superiores das tres organizacións supuxo tódolos concelleiros implicados fosen expulsados dos seus respectivos partidos. Desta forma, nas municipais de 2023 encabezou a candidatura de Unidos por Sada, acompañada de boa parte dos integrantes de Alternativa, PP e PSdeG que foran expulsados, obtendo catro concelleiros e sendo a segunda forza política por detrás dos sete que logrou Sadamaioría, polo cal Benito Portela recuperou a alcaldía como forza máis votada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sada
Ligazóns externas María Nogareda, nova alcaldesa de Sada: «O proxecto é o destes meses, non pensamos nada nas municipais»
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alcaldes de Sada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Nados en Sada
Categoría:Nados en 1977