KORONAS I, tamén coñecido como CORONAS I e como AUOS-SM-KI, foi un observatorio espacial ruso lanzado o 2 de marzo de 1994 mediante un foguete Tsiklon-3 desde o Cosmódromo de Plesetsk.

Características KORONAS I era un observatorio espacial adicado á observación do Sol. Tiña unha masa de 2160 kg e levaba instrumentación para observar o Sol en lonxitudes de onda visible, ultravioleta, raios X e raios gamma. Reentrou na atmosfera terrestre o 4 de marzo de 2001, sendo sucedido por Koronas F.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Koronas F Koronas Foton Tsiklon-3

Categoría:Observatorios espaciais