Varanus salvator é unha especie de réptil varánido de gran tamaño nativo do sur e sueste de Asia. É un dos chamados lagartos monitor máis comúns de Asia, que vive desde as costas do nordeste da India, Bangladesh, Sri Lanka, sueste asiático continental e sur da China ata as illas de Indonesia, onde vive preto da auga. Na Lista vermella da IUCN está considerado como en situación pouco preocupante. Describiuno Laurenti en 1768 e está entre os Squamata de maior tamaño do mundo.

Etimoloxía O nome xenérico Varanus deriva do árabe waral (), que se traduce por 'monitor' (un gran lagarto). O nome específico é a palabra latina para 'salvador', que denota unha posible connotación relixiosa. Ás veces pode confundirse con outro gran varánido, o Varanus salvadorii debido aos seus nomes científicos tan similares.

Taxonomía

O descritor da especie, Josephus Nicolaus Laurenti, en 1768, utilizou como nome científico para esta especie Stellio salvator.

A familia Varanidae comprende case 80 especies de lagartos monitor, todos os cales pertencen ao xénero Varanus. Hai bastante incerteza taxonómica dentro deste complexo de especies de varanos. As análises morfolóxicas empezaron a desenlear esta incerteza taxonómica, pero serán necesarios estudos moleculares para comprobar e confirmar a validez de certas agrupacións dentro deste xénero. Estas investigacións serán importantes para estimar os cambios nas avaliacións de conservación.

Subespecies miniatura|V. s. salvator V. s. salvator é a subespecie nominal e agora está restrinxida a Sri Lanka. V. s. andamanensis, é a subespecie das illas Andaman e nas illas Nicobar do sur.; a localidade tipo é Port Blair. V. s. bivittatus (Mertens 1959), é común de Xava, Balí, Lombok, Sumbawa, Flores, Alor, Wetar e algunhas illas veciñas do arquipélago da Sonda en Indonesia; a localidade tipo é Xava. V. s. macromaculatus atópase no sueste asiático continental, Singapur, Sumatra, Borneo, e illas menores asociadas. O espécime tipo foi capturado en Tailandia. V. s. ziegleri vive na illa Obi de Indonesia. miniatura|Un V. s. macromaculatus melánico. Varanus cumingi, Varanus marmoratus e Varanus nuchalis clasificábanse como subespecies ata 2007, ano en que foron elevados ao rango de especie.

V. s. komaini era antes considerado subespecie propia de Tailandia (localidade tipo: Amphoe La-ngu, Provincia Satun) e da fronteira malaio-tailandesa, pero agora considérase un sinónimo júnior e unha poboación melánica de V. s. macromaculatus.

Descrición

miniatura|Detalle da cabeza mostrando a lingua bífida. miniatura|Camiñando pola beirarrúa. V. salvator é unha especie grande de lagarto monitor. A madureza reprodutora chega para os machos cando teñen unha lonxitude relativamente modesta de 40 cm e pesan 1 kg, e para as femias cando son de 50 cm. Porén, medran moito máis durante a súa vida, e os machos son máis grandes que as femias. Os adultos raramente exceden os 1,5-2 m de lonxitude,Pianka, King & king. Varanoid lizards of the world. 2004 pero o espécime máis grande rexistrado, de Sri Lanka, medía 3,21 m (máis grande ca o do maior dragón de Komodo rexistrado). O peso máis común na madureza é de 19,5 kg.Water Monitor Lizard (Varanus salvator) at Pak Lah’s House | Mutakhir . Wildlife.gov.my (2012-02-23). Consultado o 2012-08-22. Porén, 80 machos cazados pola súa pel en Sumatra medían como media só 3,42 kg e 56,6 cm do morro ao ano e 142 cm de lonxitude total; 42 femias medían como media só 3,52 kg e 59 cm do morro ao ano e 149,6 cm de lonxitude total, aínda que espécimes despelexados de gran tamaño pesaban de 16 a 20 kg.

Outro estudo da mesma área feito polos mesmos autores estimaba con valores similares a masa corporal media de espécimes maduros en 20 kg mentres que outro estudo máis atopou unha serie de adultos que pesaban 7,6 kg de media. Unha mostra de 55 exemplares tiña un peso entre 2 e 32 kg. O peso máximo normal da especie é duns 50 kg. En casos excepcionais informáronse de exemplares con opesos de 75 a 90 kg, aínda que a maioría deses informes non están verificados e poden non ser fiables.

Segundo algúns autores, é o segundo lagarto de máis peso, despois do varano de Komodo. O seu corpo é muscular con longos e poderosos rabos comprimidos lateralmente. As escamas desta especie son carenadas; as escamas da parte superior da cabeza son máis grandes que as localizadas no dorso. A miúdo definese a especie pola súa coloración marrón escura ou anegrada con pintas amarelas na parte ventral; estas marcas amarelas tenden a desaparecer gradualmente coa idade. Esta especie tamén se caracteriza por ter unha banda anegrada con beiras amarelas que se estende cara a atrás desde cada ollo. Teñen longos pescozos e un morro alongado. Usan as súas poderosas mandíbulas, dentes serrados e agudas garras para a predación e defensa.

En catividade a súa esperanza de vida determinouse que está entre 11 e 25 anos dependendo das condicións, pero na natureza é considerablemente máis curta.

Distribución e hábitat miniatura|Un exemplar no Parque Nacional de Sunderbans Está amplamente distribuído desde India e Bangladesh, Sri Lanka, Myanmar e Tailandia, Camboxa, Laos, Vietnam, as provincias chinesas de Guangxi e Hainan, Malaisia, Singapur ata as illas da Sonda Sumatra, Xava, Balí, Borneo e Sulawesi. Habita principalmente en zonas húmidas de auga doce ou salobre de terras baixas. Rexistrouse a súa presenza a alturas de 1800 m.

É unha especie semiacuática e oportunista; viven en diversos hábitats naturais, pero predominantemente en bosques primarios e mangleirais. Non lle asusta vivir en áreas alteradas polos humanos. De feito, adáptase e prospera en áreas agrícolas así como en cidades con sistemas de canles, como ocorre en Sri Lanka, onde non é cazado nin perseguido. Os hábitats que se consideran os máis importantes para el son os mangleirais, pantanos, zonas húmidas e alturas por debaixo dos 1000 m. Non prospera en hábitats con ampla perda de vexetación natural e sen recursos acuáticos.

Comportamento e ecoloxía miniatura|Exemplar descansando nun pneumático miniatura|Cría saída dos ovos. miniatura|Individuos novos

Estes varanos deféndense usando os seus rabos, garras e mandíbulas. Son excelentes nadadores, usando a especie de crista elevada dos seus rabos para axudar a cambiar de dirección na auga. Cando encontran presas menores, domínanas coas mandíbulas e moven violentamente o pescozo destruíndo os órganos e espiña dorsal da presa, o que a deixa morta ou incapacitada. Finalmente, tragan a presa enteira.

En hábitats dominantemente acuáticos o seu comportamento semiacuático considérase que proporciona unha medida de seguridade ante os predadores. Xunto coa súa dieta xeneralista, isto pénsase que contribúe á súa plasticidade ecolóxica. Cando son cazados por predadores como a cobra real (Ophiophagus hannah) gabean a árbores usando as súas poderosas patas e garras. Se esta evasión non é suficiente para escapar do perigo, tamén saltan das árbores a corentes de auga por seguirdade, unha táctica similar ao da iguana Iguana iguana.

Igual que o dragón de Komodo, o V. salvaor come con frecuencia prea. Teñen un agudo sentido do olfacto e poden cheirar unha carcasa a gran distancia. Sábese que comen cadáveres humanos. Aínda que a súa presenza pode ser útil na localización dos restos dunha persoa perdida en investigacións forenses, pero tamén poden causar danos no cadáver, complicando a avaliación da causa da morte.

Como adoitan atacar ás persoas cando están ameazadas, debería manexarse con coidado. A súa trabada pode inflixir unha grave ferida.

Unha das primeiras descricións do V. salvaor e do seu comportamento fíxoa en 1681 Robert Knox, que o observou durane o seu longo confinamento no reino de Kandy: "Hai unha criatura alí chamada Kobberaguion, que lembra un aligátor. O maior deles debe ser de cinco ou seis pés de longo, coas costas con pintas negras e brancas. Vive maiormente en terra, pero métese na auga e mergúllase: tiña unha lingua azul bífida como un ferrete, a cal sacaba e bufaba e abría a boca, pero non morde nin pica, porén, a súa aparencia atemorizaría aos que non soubesen o que era. Non teme á xente, senón que se deita abrindo a boca e bufándolles no camiño, e apenas se move del. Achégase e come prea cos cans e chacais, e non lles ten medo, pero se se lle achegan para ladrarlle ou intentar morderlle, co seu rabo, que é longo como un látego, golpéaos, de modo que escapan correndo e ouveando."

Dieta miniatura|Femia no lago Kandy, Sri Lanka posiblemente obesa e/ou grávida. Son carnívoros e consomen unha ampla variedade de presas. Sábese que comen peixes, ras, roedores, aves, cangrexos e serpes. Tamén comen tartarugas, así como crocodilos novos e os seus ovos. Observáronse V. salvator comendo siluros igual que un mamífero carnívoro, arrincando cachos de carne cos seus afiados dentes mentres o agarraban coas patas dianteiras e despois separando partes do peixe para pouco a pouco comelo. As presas que non pode despezar trágaas enteiras.

A dieta do V. salvator nunha área urbana na Tailandia central inclúe peixes, cangrexos, tartarugas Malayemys macrocephala, ras Hoplobatrachus rugulosus, aves, pequenos redores, gatos domésticos e cans, polos, restos de comida e carcasas. Os estómagos de 20 destes varanos adultos capturados na illa Redang contiñan principalmente sobras de comida humana, seguida de ovos e crías de tartaruga, cangrexos e ovos de lagartos.

Veleno A posibilidade de que o xénero Varanus produza veleno é moi discutida. Ao principio pensábase que o veleno era exclusivo das Serpentes e de Heloderma (monstro de Gila). Os efectos dunha trabada de Varanus pensábase que se debían ás bacterias que vivían na súa boca, que causaban infeccións, pero estudos recentes mostraron que é probable que haxa glándulas de veleno na boca de varias, se non todas, as especies. O veleno poden usalo como mecanismo defensivo para defenderse dos predadores, para axudar á dixestión da comida, manter unha hixiene oral e posiblemente para axudar a capturar e matar as súas presas.

Predadores Os adultos teñen poucos predadores naturais e son só depredados polos crocodilos de auga salgada (Crocodylus porosus).

Ameazas

miniatura|Un V. s. macromaculatus xove. Vídeo clip|219x219px Con esta especie comérciase mundialmente e é o tipo máis común de lagarto exportado do sueste asiático, con 8,1 millóns de exemplares exportados entre 1998 e 2007 para comercio internacional de peles. Este varano é un dos varánidos máis explotados; a súa pel utilízase en accesorios de moda como zapatos, cintos e bolsos que se exportan globalmente, cun comercio anual de 1,5 millóns de peles. Outros usos son como suposto remedio para padecementos da pel e eccemas, comida novidosa en Indonesia, un suposto afrodisíaco, e como animal de compañía. Na India, varias comunidades tribais cázano pola súa carne, graxa e pel e tamén recollen os seus ovos. A miúdo considéranse unha praga e as súas poboacións tamén están ameazadas pola fragmentación e perda de hábitat.

Conservación

miniatura|Sinal de advertencia do paso de varanos en Tailandia.