dereita|miniatura Fabio Rivas Pardo, nado en Pontevedra en 1997, é un escritor galego.
Traxectoria Estudou Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios na Universidade de Vigo. En 2023 traballaba como libreiro en Pontevedra.
Publicou crítica literaria no Faro da Cultura.
Algúns dos contos gañadores de concursos foron publicados en libros colectivos.
Obra miniatura|O autor presentando A pintura debida no Espacio Lector Nobel de Pontevedra acompañado de Xosé Monteagudo e Fran Alonso.
A pintura debida (2023). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-1110-306-0. ePub: ISBN 978-84-1110-368-8. Relatos. Prólogo de Anxo Angueira. The Proper Painting (2025). Small Stations Fiction. 164 páxs. ISBN 978-9543841530. Tradución de Jonathan Dunne. A inocencia dos insectos (2026). Arzúa: Cuarto de Inverno. 124 páxs. ISBN 979-13-990138-7-0. Relatos.
Libros colectivos Premio 2023 de poesía, relato e tradución da Universidade de Vigo (2023). Xunta de Galicia-Universidade de Vigo-Xerais. ISBN 978-84-1110-403-6. "O Marcos e a conquista".
Traducións ao galego
Habitada (2025), de Cristina Sánchez-Andrade (cotradución con Inés Mosquera). Allariz: Aira Editorial. 208 páxs. ISBN: 978-84-128837-8-7. O ruletista (2026), de Mircea Cărtărescu (cotradución con Inés Mosquera). Allariz: Aira Ed. Ilustracións de Ramón Trigo. ISBN 979-13-992309-0-1.
Premios 2016: IV Certame de relato curto FANPA, estando no IES A Xunqueira. 2018: Finalista IV Certame de relato curto FANPA, Adultos. 2021: II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria-Concello de Moaña por Os gatos pardos. 2021: Premio de Relato Curto da Universidade de Vigo, por O Forxán e os asteroides. 2022: XXV Certame Literario de Piñor, por O cocho. 2022: Premio de Relato Curto da Universidade de Vigo, por O cruceiro e as anguías. 2023: Premio de Relato Curto da Universidade de Vigo, por O Marcos e a conquista. 2023: Gañador do Certame de Relatos convocado pola Sociedade Liceo de Noia, por A mortalla e os ourizos. 2025: Gañador do Certame de Relatos convocado pola Sociedade Liceo de Noia, por Retrousos. 2025: Gañador dos IX Premios Provinciais da Xuventude, en narrativa por Instrución para a paternidade" e en poesía por "Para as medras". Notas
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1997 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Tradutores ao galego