Ankabut-e moqaddas (en ) é un filme de 2022 dirixido por Ali Abbasi, protagonizado por Mehdi Bajestani e Zar Amir Ebrahimi. É unha coprodución entre Dinamarca, Alemaña, Suecia e Francia. Está baseada na historia real de Saeed Hanaei, asasino en serie cuxo obxectivo eran as prostitutas e que matou 16 mulleres entre 2000 e 2001 en Mashhad, Irán. No filme inclúese o papel dunha xornalista ficticia que investiga os asasinatos.

Ankabut-e moqaddas foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2022 en maio dese ano, onde Ebrahimi gañou o premio á mellor actriz pola súa interpretación. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 95ª edición dos premios,,</ref> chegando a clasificarse na lista curta de decembro.

Personaxes Mehdi Bajestani como Saeed Hanaei Zar Amir Ebrahimi como Arezoo Rahimi Arash Ashtiani como Sharifi Forouzan Jamshidnejad como Fatima Hanaei Sina Parvaneh como Rostami Nima Akbarpour como Xuíz Mesbah Taleb como Ali Hanaei Firouz Agheli como Haji Sara Fazilat como Zinab Alice Rahimi como Somayeh

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes dirixidos por Ali Abbasi Categoría:Filmes rodados en Xordania Categoría:Filmes ambientados en Irán Categoría:Filmes ambientados en 2001 Categoría:Filmes ambientados en 2000 Categoría:Filmes sobre xornalistas