Luis Moure Mariño ou Luis Moure-Mariño, nado en Escairón (O Saviñao) en 1915 e finado na Coruña o 6 de novembro de 1999, foi un escritor galego.
Traxectoria Estudante de Dereito en Madrid, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Moure Mariño militaba na FalangeNúñez Seixas, Xosé Manoel. ¿Fuera el invasor!, Marcial Pons, 2006 e incorporouse como propagandista do bando franquista, colaborando en Azul. Despois desprazouse a Burgos, onde Franco montou a capital dos sublevados. Ao remate da guerra seguiu estudando dereito, pero continuou tamén os seus labores como xornalista. Foi profesor axudante de dereito político en Madrid ata que regresou a Galicia como notario.
De ideoloxía conservadora, colaborou en numerosos xornais galegos como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Tamén foi cronista oficial da vila de Monforte desde 1997.
En 1990 foi condecorado coa medalla Castelao.
Obra En castelán Como escritor publicou a maior parte da súa obra en castelán: ensaios como Perfil humano de Franco (1938), Galicia en la guerra (1939), La desigualdad humana (1983), La generación del 36: Memorias de Salamanca y Burgos (1989), Ultimas cartas de amor (1992), novelas como Fantasías reales: memorias de un protocolo (1961), traducido ao galego en 1983 como Fantasías reais : almas dun protocolo, e relatos como La corona de fuego y otras historias (1991).
En galego En 1970 publicou o seu primeiro libro en galego, Sempre matinando ao que seguiron en 1980 Arredor da lareira (Ediciós do Castro) e en 1990 Un feixe de contos.
Vida persoal O seu irmán, Pablo Moure Mariño, foi deputado no Parlamento de Galicia entre 1981 e 1985.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Notarios Categoría:Xornalistas do Saviñao Categoría:Falanxistas Categoría:Medallas Castelao
Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premio Luca de Tena Categoría:Cronistas de Monforte de Lemos