Benjamín Argiz Fiunte, nado en Chantada cara a 1918 e finado no mesmo concello o 20 de decembro de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Veciño de Arcos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 desertou do Batallón 353, estivo fuxido e formou parte do grupo de guerrilleiros que actuaba no suroeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada, comandados por Salvador Valcárcel Montenegro. Participou no asalto á sucursal do Banco Pastor en Chantada. Foi requirido polo Xulgado Militar de Lugo en febreiro de 1939 xunto con Salvador Valcárcel e Benito Montes Otero.BOP Lugo, 18-2-1934, p. 4. O grupo desfíxose trala morte pola Garda Civil de Salvador Valcárcel e outros dous guerrilleiros da partida en Adá o 11 de abril de 1939. Foi xulgado en Lugo na causa 812/38 e declarado en rebeldía. Foi requirido polo Xulgado Militar de Vigo en decembro de 1939 xunto con Jesús López Suárez e Victorino Quintana Vázquez.El Pueblo Gallego, 16-12-1939, p. 2. Ferido casualmente nun pé coa súa propia pistola, foi atendido polo practicante de Chantada José Costa Clavell cando estaba refuxiado nunha casa de Vilelos (O Saviñao). O 17 de decembro de 1939 a Garda Civil rodeou a casa e disparou contra os ocupantes. Victorino Quintana resultou morto, Salvador Gil Moure e Jesús López lograron fuxir, e Benjamín foi detido. Trasladado a Chantada, a súa declaración permitiu deter a rede de enlaces. Foi asasinado no Depósito de Chantada ás 8 horas do 20 de decembro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Finados en 1939
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes