TeraStorm é un filme kenyano de 2022 dirixido, escrito e animado por Andrew Kaggia. O filme animouse enteiramente utilizando Unreal Engine. Foi escollido como candidato de Kenya para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. É o primeiro filme africano de animación en ser proposto a competir neste premio.

Sinopse Ambientado nun Nairobi ficticio, un grupo de supeheroes africanos une forzas para tentar deter un mago da antigüidade que ameaza con destruír a Terra co seu poder e un misterioso artefacto.

Personaxes Ali Mwangola como Victor Arabron Nyyneque como Eli-Ra Melvin Alusa como Ammadu Mungai Kiroga como Adrian Sara Muhoho como Nuru Peter Mudamba como xeneral Maxwell

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Kenya propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes de Kenya