O día de Cassinga é un día nacional en Namibia que lembra o masacre de Cassinga. Conmemórase cada ano o 4 de maio, e a data "lembra aqueles (arredor de 600)Let's Review Our National Holidays in The Namibian, 27 de abril de 2007 asasinados en 1978 cando a Forza de Defensa de Suráfrica atacou unha base da SWAPO en Cassinga, no sur de Angola".The Commonwealth Yearbook As conmemoracións están marcadas anualmente por cerimonias en "Heroes' Acre", fóra de Windhoek. A estas cerimonias asistiron moitas figuras políticas nacionais importantes, incluíndo o presidente Hage Geingob e os expresidentes Hifikepunye Pohamba e Sam Nujoma (a partir de 2016).Namibian national reconciliation policy in Xinhua News Agency, 21 de setembro de 2006.

4 de maio de 1978 Na mañá do 4 de maio de 1978, a Forza de Defensa de Suráfrica realizou un ataque aéreo contra o campamento Cassinga preto da aldea de Cassinga, seguido dunha despregadura de paracaidistas. O campo estaba habitado por simpatizantes de SWAPO exiliados e as súas familias. Neste ataque morreron 165 homes, 294 mulleres e 300 nenos. Máis tarde o mesmo día tamén foi atacado o próximo campamento Vietnam, na aldea de Tchetequela. No ano 2016 as tumbas non estaban marcadas, mais o Goberno de Namibia ten pensado erguer un lugar conmemorativo.

Notas

Categoría:Días nacionais Categoría:Símbolos de Namibia