Luis Menor Pérez, nado no Pereiro de Aguiar en 1964, é un avogado, funcionario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Diplomado en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse despois en Dereito na UNED. Posteriormente realizou cursos de especialización en criminoloxía. Laboralmente, iniciouse traballando como axente xudicial na década dos 80, onde foi medrando primeiro a oficial de xustiza e posteriormente a secretario de xulgado, posto que acadou en 2009. Nese mesmo ano comezou a traballar en cargos de libre designación da Administración, nomeado polo Partido Popular de Galicia: primeiro foi escollido xefe territorial da consellería de Presidencia na provincia de Ourense, ao ano seguinte accedeu ao posto de secretario territorial da delegación provincial da Xunta de Galicia, e en 2014 á dirección xeral de Emerxencias e Interior, na consellería de Presidencia.
A finais de 2018 fíxose público que encabezaría a lista do Partido Popular nas eleccións municipais de 2019 no seu concello natal, O Pereiro de Aguiar. Resultou elixido alcalde con maioría absoluta, ao igual ca nas municipais de 2023.
Deputado provincial, o pleno da Deputación de Ourense elixiuno presidente na sesión plenaria do 17 de xullo do 2023 en substitución de José Manuel Baltar. Uns meses despois, a finais de outubro, substituíu tamén a Baltar fillo como presidente do PP ourensán.
En xullo de 2023, foi designado candidato do PP ao Senado pola provincia de Ourense.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Pereiro de Aguiar Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha en Faro de Vigo Ficha de no sitio web do Senado de España.
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes do Pereiro de Aguiar Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Nados no Pereiro de Aguiar Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Senadores por Ourense