Gyula Zsengellér foi un futbolista húngaro, e é unha das lendas do Újpest FC e da selección húngara, coa que quedou subcampión no mundial de 1938, amais de se-lo segundo máximo anotador do torneo, só por detrás do brasileiro Leônidas.

Clubs Comeza a súa carreira no Salgotarjani TC, fichando logo polo Újpest FC en 1936. Ficaría neste club once anos. En 1947 marcha cara Italia a xogar na Roma. En 1949 ficharía polo Ancona e remataría a súa carreira xogando dous anos, ata 1952 na escuadra colombiana Deportivo Samarios.

Zsengellér xogou 325 encontros e anotou 387 goles na liga húngara entre os anos 1935 e 1947, cifras que o fan o terceiro máximo goleador da liga maxiar da historia.

Quedou máximo anotador da liga húngara en cinco ocasións 1938, 1939, 1943, 1944 e 1945. Dúas desas veces tamén foi Bota de Ouro, en 1939 e 1945.

A IFFHS nomeouno o sétimo mellor artilleiro de tódolos tempos, contando só os goles en campionato de liga.

Selección Debuta coa selección o 2 de decembro de 1936 nun encontro contra a Inglaterra, onde Hungría caeu por 6-2. Co tempo chegaría a xogar 39 encontros e anotar 32 goles para os maxiares. É o oitavo anotador da historia da selección húngara.

Ligazóns externas Ligazón á IFFHS

Categoría:Futbolistas de Hungría Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Bota de Ouro Categoría:Xogadores do Salgótarjáni BTC Categoría:Xogadores do Újpest FC Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do AC Ancona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Hungría Categoría:Adestradores de fútbol de Hungría Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Chipre Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1938