Samuel Carrera, nado no Porriño, é un rapeiro galego, coñecido co nome artístico de Duke Sam. Traxectoria
Comezou a súa carreira no hip hop escribindo as súas primeiras rimas e a facendo as primeiras gravacións na casa. Aínda que Duke Sam levaba xa varios anos en activo, destacado como un dos mellores freestylers nas batallas comunitarias, o seu debut discográfico chegou en 2006, cando coñeceu a Puto Coke quen se ofreceu para producir e gravar o seu primeiro disco titulado "Origami". Un ano despois, xunto con Dikeyti (produtor e MC), formou o seu propio colectivo artístico, estudio e selo independente baixo o nome de "Track Asedio". Track Asedio consolidouse en Galicia como unha sólida plataforma para artistas de hip hop e que hoxe conta con numerosos MCs, produtores e disc-jóckeis así como varios discos autoeditados que suman centos de vendas e miles de descargas. Duke Sam é un dos artistas hip hop máis prolíficos e activos do panorama galego. As letras destacan a acidez e o sarcasmo que pon nas súas críticas, de marcado carácter social e reivindicativo aínda que tamén cheo de boas mensaxes.
Discografía
Álbums
Origami (2006) Papiroflexia (2007) Solo para personal autorizado (2009) El extraterrestre (2010) El vendedor del humo (2011) Planeta Absurdo (2014) Relatos de un don nadie (2018)
Véxase tamén Ligazóns externas Canle de Youtube
Notas
Categoría:Rapeiros de Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes en lingua castelá