Anxo Rei Arca, nado en Estramundi (Padrón) o 4 de marzo de 1989, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Militante dende novo no PSdeG e nas XSG, formou parte da candidatura socialista de Padrón en 2011 e 2015, sen resultar electo. Nas eleccións municipais de 2019 foi o número 3 da candidatura encabezada por Camilo Forján Seoane e resultou elixido concelleiro, formando parte da oposición ao goberno do PPdeG. En marzo de 2022 foi elixido novo Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Padrón. Desta forma foi candidato socialista á alcaldía nas municipais de 2023 e conseguiu se-la forza máis votada, polo que foi elixido alcalde co apoio do BNG.Anxo Rei, elixido mandatario local de Padrón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Padrón

Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1989 Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes