Javier Pérez Gómara, nado en Santander no 1995, coñecido polo seu nome artístico Javier Waterproof é un músico e produtor musical galego que reside en Barcelona.
Traxectoria Aínda que naceu en Santander pasou a súa vida en Pontevedra. Durante o instituto formou parte do grupo Aerials (guitarra) cos que entrou en contacto co Local de Música de Pontevedra. Formouse como técnico de son na Coruña e marchou a continuar a súa formación en Barcelona.
Presentou na XIX edición do Festival de Cans "The scarf she wore in red" como canción da curtametraxe "A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos" do coruñés Martín Caínzos. No 2022 presentou o sinxelo "Orfeo y Eurídice" e en 2023 "Otra ronda", inspirado no filme Druk do director danés Thomas Vinterberg, cun videoclip gravado nos cines Dúplex de Ferrol.
Obra
Filmografía
Falso directo 2020 A quinta de Basilio 2022 A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos 2022
Discografía
Las puertas de Orán 2020 Académicamente previsto 2020 Ideas mágicas 2020 Perdón por divertirme 2020 The scarf she wore in red 2021 Orfeo y Eurídice 2022 Otra ronda 2023
Notas
Categoría:Cantautores Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1995 Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Cantantes en lingua inglesa Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes de Cantabria Categoría:Técnicos musicais