Fernando Fulgosio Carasa, nado en Madrid en 1831 e finado en Ourense o 22 de outubro de 1873, foi un arqueólogo, historiador, xeógrafo, escritor e xornalista español.

Traxectoria Fillo do militar ferrolán Francisco Javier Fulgosio Villavicencio e sobriño dos militares Fernando, José e Dámaso Fulgosio, de neno tivo que exiliarse coa súa avoa María del Carmen Villavicencio, no País Vasco e en Francia pola militancia carlista da súa familia. Pertenceu ao Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. A súa novela Alfonso (1866) foi premiada pola Real Academia Española. Colaborou en La Época, Escenas Contemporáneas, El Museo Universal, La Ilustración Española e Americana, El Bazar, Los Niños, El arte en España e outras publicacións. Morreu por mor dunha apoplexía.

Obras

Novelas Alfonso (recuerdos de Galicia) (novela de costures, 1866) Una mata de helecho en la costa de Málaga (1869) El día de Santiago (1870) La última señora de Ínsua (1866) Recuerdos de viaje. Apuntes para la descripción é historia de Galicia (1870) La perla de Lima. Guerra del Pacífico (1867; sobre a guerra entre España e o Perú e o bombardeo do porto de El Callao)

Ensaio El castillo del Marqués de Mos en Sotomayor. Estudio histórico sobre el feudalismo en Galicia (1871)

Teatro Pedro Madruga, zarzuela con música de Marcial del Adalid.

Crónicas Crónica de la Provincia de La Coruña (1865) Crónica de la Provincia de Orense (1866) Crónica de la Provincia de Pontevedra (1867) Crónica de la Provincia de Guipúzcoa (1868) Crónica de las Islas Baleares (1870) Crónica de la Provincia de Tarragona (1870) Crónica de la Provincia de Ávila (1870) Crónica de las Islas Filipinas (1871) Crónica de la Provincia de Valladolid Crónica de la Provincia de Zamora

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 1873 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1831 Categoría:Arquiveiros de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Personalidades sen imaxes