Jon Amil Mateos, máis coñecido simplemente como Jon Amil, nado en Vigo o 17 de maio de 1988, é un médico e activista lingüístico galego. Está ligado ao movemento reintegracionista, e desde xullo de 2023 ocupa o posto de presidente da AGAL.
Traxectoria De nai vasca e pai galego, viviu a súa infancia e adolescencia en Vigo. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 2007 fundou, xunto con máis estudantes, a Asemblea Libre de Estudantes de Medicina (ALEM), da cal foi o primeiro valedor. En 2013 iniciou a publicación dun blog: As MIR e unha noites, no que narraba as súas desventuras no estudo do exame do MIR (Médico Interno Residente) e co que acadou sona nas redes sociais galegas. Rematada a carreira emigrou ao País Vasco, onde traballou nun centro de recoñecementos médicos. De 2016 a 2023 formou parte do Conselho da AGAL e xestionou a conta de Twitter @emgalego, o seu consultorio lingüístico.
O 9 de xullo de 2023 asumiu a presidencia da AGAL en substitución do filólogo Eduardo Maragoto.
Activismo lingüístico miniatura|260px|Entrevista a Jon Amil en Nós TV.
Malia ter participado en diferentes campañas e iniciativas pola lingua, foi a partir da súa entrada na AGAL cando comezou a gañar notoriedade como unha das caras visibles do reintegracionismo. En decembro de 2015 creou o proxecto de divulgación lingüística @emgalego, que comezou como un consultorio lingüístico no Twitter, pero acabou estendéndose por outras redes sociais, chegando mesmo a facer colaboracións puntuais con outras iniciativas como o Dígocho eu. Levou o proxecto en solitario ata o ano 2023, en que foi substituído por Juan Antelo.
En xullo de 2023 foi elixido como presidente da AGAL, tendo como eixos do seu proxecto a mocidade e a infancia, o feminismo e o colectivo LGBT+. En 2024 conseguiu que a AGAL fose aceptada na CPLP co status de observador consultivo.
Actualmente, Jon Amil é tamén membro de varias comisións de traballo da CPLP e vogal do Observatorio da Lusofonia Valentín Paz Andrade, organismo da Xunta de Galicia para as relacións cos países de lingua portuguesa.
Divulgación de videoxogos Ao longo dos anos, Jon Amil ten participado en varios proxectos e foros dedicados á divulgación do videoxogo en xeral, e do videoxogo en galego en particular.
Memoria Pixelada
No 4 de agosto de 2010 incorporouse ao equipo de Memoria Pixelada, o primeiro sitio web sobre videoxogos publicado integramente en galego, creado por Juan Salgado un ano antes. Durante o tempo que durou o proxecto, publicou 227 artigos,Acerca de nós en Memoria Pixelada e encargouse das retransmisións anuais en galego de eventos importantes, como o E3 ou os varios Nintendo Direct.
Recuncho Gamer
miniatura|dereita|Jon Amil no Recuncho Gamer Podcast Actualmente fai parte do equipo do Recuncho Gamer, proxecto audiovisual creado en 2020 por Iago Gordillo co obxectivo de difundir, en galego, a cultura dos videoxogos. Dentro do proxecto é un colaborador activo do Recuncho Gamer Podcast, e co-creador dos podcasts Outeiro Verde e Ditto Isto. Ademais, foi un dos responsables da creación de Xogalego, o catálogo online dos videoxogos que contan con localización en galego.
Tamén é guionista e presentador do programa de televisión Xogando en galego, producido polo Recuncho Gamer para a Televisión de Galicia.
Outros proxectos na rede
A súa actividade na Internet galega comezou en 2007, coa creación dunha web de fans do Xabarín Club chamada Xeración Xabarín, que estivo activa ata marzo de 2013, cando tivo que pechar por indicación da CRTVG. En 2013 comezou o seu blog As MIR e unha noites, o que foi o seu proxecto máis grande ata o momento.
En 2020 gañou os Premios do Galituiter, un certame autoorganizado pola comunidade galega do Twitter, e que lle outorgou o título non oficial de presidente do Galituiter durante o ano 2021.
Tamén é co-creador doutro podcast dedicado á serie Doutor Who, chamado Gallifrey Ceive, que foi finalista do Premio Pioneiro do concurso Youtubeir@s.
Obra Libros colectivos
Conferencias PROPOR24 - E se... já soubesses português sem te decatar?. CiTIUS. 2024. O futuro da língua está na lusofonia. RECLAM. 2025.
Artigos A nossa língua no mundo. Informe Nós no Mundo, pág. 33. IGADI. 2026.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
AGAL Memoria Pixelada Recuncho Gamer
Ligazóns externas
Artigos no Portal Galego da Língua. Artigos no Nós Diario. Artigos no Praza Pública. As MIR e unha noites (Día a día dun estudante de Medicina a preparar o exame MIR)
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1988 Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Galicia