Eloy Pérez Sindín, nado en Monterroso en 1971, é un enxeñeiro agrícola e político galego do PPdeG.
Traxectoria Enxeñeiro agrícola e asesor. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG en Monterroso e foi elixido concelleiro. Logo da renuncia á alcaldía e o abandono do concello polo alcalde Antonio Gato en xullo de 2020, foi elixida alcaldesa a independente Rocío Seijas o 29 de xullo co apoio dos edís do PPdeG,"El PP permite que la independiente Rocío Seijas sea la nueva alcaldesa de Monterroso" (30/7/2020). Faro de Vigo . polo que pasou a se-lo primeiro tenente de alcalde. Nas municipais de 2023 volveu encabeza-la candidatura do PPdeG,Eloy Pérez buscará a maioría absoluta para o PP en Monterroso e foi elixido alcaldeEloy Pérez sale elegido alcalde de Monterroso por el PP con solo 3 de los 11 concejales ó se-la forza máis votada, con tan só 8 votos de vantaxe sobre o PSdeG e 3 concelleiros de 11.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Monterroso
Ligazóns externas "Temos que traballar para impulsar Monterroso como o municipio máis puxante da comarca da Ulloa"
Categoría:Alcaldes de Monterroso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Monterroso Categoría:Nados en 1971