A Alisma plantago-aquatica é unha especie de planta acuática pertencente á familia da alismatáceas. miniatura|Alisma plantago-aquatica. miniatura|Ilustración.

Descrición É unha planta herbácea perenne que alcanza 10-100 cm de lonxitude cunha raíz fibrosa e bulbosa con varias follas basais de 15-30 cm de lonxitude formando unha roseta, estas son oblongas ou lanceoladas, subcordadas na base con peciolos longos e acanalados parecidos aos do xénero Plantago. O talo floral é triangular e alcanza un metro de altura, xorden directamente da raíz e terminan nunha inflorescencia con pequenas e numerosas flores brancas ou rosadas que se dispoñen nunha panícula piramidal laxa, formando aneis ou feixes ao redor do talo. A corola ten tres pétalos e o cáliz tres sépalos. O froito é un aquenio cunha semente.

Distribución

É nativa do Hemisferio Norte, en Europa, Asia e Norteamérica.

Hábitat

Medra en lugares húmidos e pantanosos, beiras dos ríos, pozas e encoros.

Etimoloxía A palabra alisma dise provén do celta e significa "auga", en referencia ao seu hábitat onde crece. Os primeiros botánicos nomeárona plantago pola semellanza das súas follas.

Taxonomía Alisma plantago-aquatica foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 342. 1753.

Sinonimia

Alisma subcordatum Raf. Alisma plantago-aquatica subsp. michaletii Asch. & Graebn. Alisma paniculatum Stokes Alisma latifolia Gilib. Alisma cordifolium Murray Alisma brevipes Greene Alisma angustifolia Hoppe Echinodorus vulgaris Bubani Alisma verticillatum Dulac Alisma major GraySinónimos en Tela Botánica Alisma orientale (Sam.) Juz. en V.L.Komarov (ed.), Fl. URSS 1: 281 (1934). Alisma flavum Thunb., Fl. Jap.: 153 (1784), nom. illeg. Alisma coreanum H.Lév., Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 8: 286 (1910). Alisma jianshiensis J.K.Chen, X.Z.Sun & H.Q.Wang, Wuhan Bot. Res. 1(2): 250 (1983), non latin descr.

Notas

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia