Carlos Díaz Rodríguez, nado en Huelva o 29 de xuño de 1908 e finado en Caracas o 21 de xuño de 1993, foi un profesor e político español.

Traxectoria Militante do PCE. Profesor de Xeografía e Historia do Instituto de Sanlúcar de Barrameda en 1933, onde compartiu aulas con Carmen Sierra, con quen acabaría casando. Trasladáronse ao Instituto de Linares en 1934.Gaceta de Madrid, 294, 21-10-1934, p. 553. Foi nomeado secretario do Instituto de Linares en marzo de 1935.Gaceta de Madrid, 66, 7-3-1935, p. 1966. Despois da guerra instalouse en Pontecesures coa súa muller Carmen Sierra, rexentando a explotación gandeira de Cortinallas. En 1945 mantivo contactos co PCE na clandestinidade, desprazouse a Madrid e entrevistouse con Gabriel León Trilla. Foi detido en Madrid o 19 de xaneiro de 1946. Logrou fuxir a Venezuela a finais de 1947.

Vida persoal Casou con Carmen Sierra en 1933 e foi pai de María Dolores e Carlos Díaz Sierra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados en Huelva Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1993