O Premio Clemy é un galardón numismático outorgado anualmente desde 1968 polo Numismatic Literary Guild (en galego, "Gremio Literario Numismático") dos Estados Unidos."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).
Trátase da máis alta honra concedida por esta entidade, e outórgase a un dos seus membros en recoñecemento da súa habilidade como escritor, polas súas contribucións á numismática, polo seu sentido do humor e pola súa dedicación ao Numismatic Literary Guild.
As candidaturas son presentadas polos membros da xunta directiva da entidade ao gañador do ano anterior, que é quen finalmente fai a elección.
Galardoados Estes son os numismáticos recoñecidos co premio Clemy desde a súa institución en 1968:
1968: Clement F. Bailey. 1969: Edward C. Rochette. 1970: Lee Martin. 1971: Margo Russell. 1972: Virginia Culver. 1973: Maurice M. Gould. 1974: Eva B. Adams. 1975: Ray Byrne. 1976: Chester L. Krause. 1977: Richard S. Yeoman. 1978: Lee F. Hewitt. 1979: Abe Kosoff. 1980: Glenn Smedley. 1981: Arlie Slabaugh. 1982: Eric P. Newman. 1983: Kenneth Bressett. 1984: Donn Pearlman. 1985: Walter Breen. 1986: Ed Reiter. 1987: David T. Alexander. 1988: James L. Miller. 1989: Q. David Bowers. 1990: David L. Ganz. 1991: Clifford Mishler. 1992: Robert W. Julian. 1993: Russell Rulau. 1994: Elvira Clain Stefanelli. 1995: Beth Deisher. 1996: Bill Murray. 1997: Alan Herbert. 1998: Burnett Anderson. 1999: Thomas K. DeLorey. 2000: Wendell A. Wolka. 2001: David C. Harper. 2002: Scott A. Travers. 2003: Bill Fivaz. 2004: Neil Shafer. 2005: Carlton “Fred” Schwan. 2006: Barbara J. Gregory. 2007: Gene Hessler. 2008: Anthony Swiatek. 2009: Maurice H. Rosen. 2010: Paul R. Whitnah. 2011: Kay Lenker. 2012: Jim Halperin e Steve Ivy. 2013: Mike Fuljenz. 2014: John Albanese. 2015: William Gibbs. 2016: Mark Borckardt. 2017: Robert R. Van Ryzin. 2018: David Lange. 2019: Doug Winter. 2020: Len Augsburger & Joel Orosz. 2022: John Dannreuther. 2023: Donald Kagin. 2024: Jeff Garrett. 2025: Ron Guth."2025 Numismatic Literary Guild Awards". En The E-Sylum. Vol. 28. Nº 35. 2025.
Notas
Categoría:Premios de numismática Categoría:Premios dos Estados Unidos de América