A Quebrada de Humahuaca é un estreito val montañoso situado na provincia da Jujuy no noroeste da Arxentina, 1649 km. ao norte de Bos Aires (). Ten uns 155 km. de lonxitude, orientado norte-sur, limita co Altiplano ao oeste e ao norte, cos outeiros sub-Andinos no leste, e polos vales cálidos ("Valles Templados") no sur.

O nome quebrada (literalmente "roto") tradúcese como un val profundo ou barranco. Recibe o seu nome de Humahuaca, unha pequena cidade de 11.000 habitantes. O río Grande (Río Grande), que queda seco no inverno, discorre abundantemente pola Quebrada no verán.

A comarca sempre foi unha encrucillada de comunicación económica, social e cultural. Leva poboado polo menos 10.000 anos, desde o asentamento dos primeiros cazadores-recolectores, o que se evidencia por substanciais restos prehistóricos. En particular, moitas socalcos agrícolas con muros de pedra, que se pensa que se orixinaron hai máis de 1.500 anos, atópanse en toda a rexión e aínda están en uso na actualidade. O sistema de campo une unha serie de cidades fortificadas chamadas pucaras. O val foi despois un camiño de caravanas para o Imperio Inca no século XV, entón un importante enlace entre o Vicerreinado do Río da Prata e o Vicerreinado do Perú, así como escenario de moitas batallas da Guerra de Independencia Española.

A Quebrada de Humahuaca designouse paisaxe protexida no 2000. UNEP-WCMC (2022). Protected Area Profile for Quebrada de Humahuaca from the World Database of Protected Areas. Accessed 11 de abril de 2022. Declarouse Patrimonio da Humanidade da UNESCO o 2 de xullo de 2003.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade na Arxentina Ligazóns externas Quebrada de Humahuaca. Características, Circuitos e Patrimonio - ArgentinaXplora UNESCO World Heritage Centre - Descrición do sitio. Jujuy Province - Official website (in Spanish). Pictures from Humahuaca

Categoría:Patrimonio da Humanidade na Arxentina